❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

FALPERRYS - nova abordaxe taberneira

Precisamos de vos pra trocar o mundo e ceibar os fumes da vida e do tempo

Falperrys

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
190
Achegas
4.995€
De 4.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Català, Castellano e Euskara

Elixe a túa recompensa

Ola xente:

Somos os Falperrys e resulta que en estos últimos anos de travesía recalamos nos mellores portos coa mellor tripulación e compartimos un feixe de historias que queremos deixar gravadas.

Como indica na portada precisamos de vos pra levar este proxecto a bo porto.

Desta volta editaremos en Vinilo e tamen en CD, ao tempo que reeditaremos o 1º CD pra os que se quedaron sen el.

No disco incluiremos como extra cancións gravadas en acústico, xa que moitos dos nosos concertos son neste formato.

Sobre as recompensas

Botádelle un ollo ás recompensas, esperamos que vos gusten.

Queremos compartir con todos vos estes anos de esmorga e pra nos é un orgullo que levedes estes recordos pra casa.

Oes! as recompensas podémolas variar sempre que entren no rango do seu valor, contacta con nós en caso de dubida.

Todas as recompensas levarán tamén incluída a descarga da música unha vez rematadas as mesturas. Non se descarta a posibilidade de que vaia algún tema extra nas mesmas!

Sobre nós

De bar en bar, de escenarios a galpóns, tocando pola rua, e polo monte, participando en cantos de taberna...

Cantámolles aos bos e aos xenerosos pero tamén ás sombras dos nosos días e brindamos coas novas incorporacións e con vós polos que non están e tamén polos levados.

A mistura das nosas raices galegas coa atitude combativa e os "aires" dos nosos primos da illa Esmeralda fan de nós o que somos.

Se non nos coñeces proba, malo será:
Falperrys facebook
Falperrys en Berlin

A que destinaremos as vosas achegas

A recadación destinarémola a pagar:

  • A gravación: 1.200€

  • A edición do CD e vinilo: 2.500€

  • Producción das recompensas e gastos de envío: 300€

  • Gastos asociados, impostos e demais: 400€

Non vos pedimos todos os cartos da inversión xa que nos topamos cunha lámpara marabillosa que cando a frotamos saiu un xenio e nos concedeu tres desexos:

A paz no mundo

Unha caixa de sidra de Marín

E un enchufe en Garageland

Calendario previsto

A previsión é ter rematada a gravación no Nadal , despois unhas seis semanas pra que nos entreguen os discos, e dende ahí (aprox 15 febreiro a 15 marzo) faremos a entregas das recompensas.

Nesas datas programaremos o concerto de presentación do disco, que será en Vigo, pero xa vos iremos informando.

+ Info

As tazas das recompensas poderán ser coas imaxes da Becha ou a Calaca co viño ou as Caliveras danzantes

dependerá dos vosos gustos e as nosas posibilidades

calaca viño
calaca viño

caliveras danzantes
caliveras danzantes

a Becha
a Becha

Coa portada do novo disco levades un anaco de historia, é unha reprodución dunha parte dun cadro pintado en altamar, mentres andaban ao bacallau alá por Terranova, por Ksal, o avó dun dos membros de Falperrys (o disco vale pra colgar na parede tamén jejej)

As novidades que vaian xurdindo publicarémolas no Facebook e tamén por eiquí, non vaia ser que se nos ocurran novas recompensas.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

1 comentario

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Punkblo

    Punkblo

    case 4 anos

    Avante toda Falperrys!

Utilizamos cookies propias para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para fins analíticos e amosarche publicidade personalizada a partir dos teus hábitos de navegación. Acepta todas as cookies pulsando "Aceptar" ou máis información e configura as túas preferencias aquí.