❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

🎉 ¡Celebramos una década de Crowdfunding! Descúbrela en 10 Datos increíbles

On Fire! On sale agora!

S&R III: On Fire! é a aventura máis ambiciosa de Sira e William. Bótadenos unha man para sobrevivir e publicarmos a 4º entrega para o Nadal!

Sira e o robot

Un proxecto de

Categoría

0
segundos
62
Achegas
3.599€
De 3.500€
Achega ao proxecto

Elixe a túa recompensa

Sira e o Robot III: On Fire! de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, con ilustracións de Iván Sende, e interpretado baixo a dirección do dramaturgo Roi Vidal é a terceira entrega do musical futurista Sira e o robot, proxecto único no mundo no que conviven en harmonía galego e inglés.

A obra que che propoñemos adquirir consta dun libro ilustrado de máis de 110 páxinas e con acceso a 20 pistas de audio hi-fi de máis de 50 minutos no que se interpretan o audioteatro e as 9 cancións que contén a historia!

Tanto as cancións como os propios diálogos son especiais: ofrecen unha linguaxe híbrida, con un freeflow entre o inglés e o galego. Esta fusión pode ser ou moi didáctica ou simplemente pegadiza, interesante e divertida dependendo do nivel de inglés que teñas.

Si, é raro, pero no 2050, na vida cotiá de Sira, o galego e o inglés son linguas co-oficiais en The New Galicia. Poderíase chamarlle galinglego a esa fusión, pero é simplemente diglósia de toda a vida.

Podes escoitar Curious Girl a continuación, ou consultar os tres discos e ilustracións na nosa páxina de Bandcamp ao final desta páxina:

Sobre as recompensas

A recompensa máis interesante que podemos ofrecer é a terceira entrega da serie, Sira e o robot: On Fire!

A continuación, pódese ler un pouquiño sobre a historia, pero como é un misterio non procede desvelar demasiado ho! Como todos as aventuras nesta serie esta opera pop futurista conta tamén cunha guía de lectura con ligazóns e un glosario de toda a terminoloxía que aparece en linguas estranxeiras.

A maiores disto ofrecemos moitos packs con camisetas, bolsiñas de tela, poesías incríbles lidas polo William, oportunidades para incluir a túa voz na seguinte aventura, mini-concertos, cancións feitas especialmente para as mecenas e moito máis!

Argumento da historia

Un misterioso profesor de guitarra eléctrica, Li-ho Eye, chega á cidade de Mega-Metrópole. O ceo comeza a escurecerse por causa dos habituais incendios anuais, que en principio non preocupan a ninguén pero van en aumento.

Desde a súa cloudhouse, Sira e William intuirán o perigo inminente que se aveciña. Ao tempo, and with a little help from their friends, descubrirán quen é verdadeiramente Li-ho Eye e o poder máxico que se agocha detrás dunha antiga canción e das ondas sonoras das guitarras eléctricas.

Nesta nova entrega o suspense, o humor e a acción irán, coma sempre, acompañadas da música do futuro, interpretada polas estrelas máis talentosas do ano 2050. Non perdas esta divertida e inesquecible historia da saga de Sira e o robot!

Eis aquí as primeiras páxinas e índice desta obra mestra:

E as primeiras páxinas da súa guía didáctica:

Sobre nós

Sira o robot comezou no ano 2014 como un proxecto músical, poético e artístico, e ía medrando coa presenza de máis xente engadindo ás súas voces, espectáculos en vivo, mini-concertos, e talleres.

Pódese concebir como unha forma lúdica de aproximarse aos idiomas, sobre todo o inglés -pero tamén o galego porque aquí se xoga moito coa tradución e a lingua galega en xeral-. Pero sobre todo é un xogo que da pé as cancións, con humor e reflexión entre elas.

Decidimos ambientalo serie no futuro para poder reflexionar sobre o mundo que está a vir e tamén para poder compoñer naves espaciais, locutar as viaxes no tempo, ilustrar o cambio climático e idear xeitos innovadores de combater o lume!

Miguel & Mark, representando o seu famoso "Concerto para un tipo con cresta in E maior", Lalín, 2015
Miguel & Mark, representando o seu famoso "Concerto para un tipo con cresta in E maior", Lalín, 2015

Mark Alan Wiersma, Vista (1976). Licenciado en Ciencias Políticas pola University of California, Santa Barbara (Estados Unidos), é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como músico, profesor e tradutor.

Miguel Mosqueira, Lalín (1982). Licenciado en Filoloxía Románica e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un posgrao en Didáctica de Linguas Estranxeiras pola Universidade de Barcelona e un mestrado en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega. É profesor titular de galego no ensino secundario. Forma parte do grupo musical Ataque Escampe, premio Martín Codax da Música 2014, na categoría de pop.

A que destinaremos as vosas achegas

O noso propósito é básicamente facer que o proxecto continúe. Para iso temos que pagar a imprenta polas copias de On Fire! para que poidamos comezar coa produción dos seguinte libros da serie.

95% dos cartos van destinado a Imprenta Garabal, a empresa con quen adoitamos traballar. O resto é para camisetas e bolsas, e gastos de envío.

Así de simple é o asunto. Temos uns libros para vender, e nos gustaría que a nosa poética chegase a canta máis xente posible xa que se fixo con moitísimo cariño e intencionalidade. Cremos que che poida gustar moito!

Calendario previsto

As recompensas entregaránse para setembro. Logo esas mecenas que participan tamén recibirán 4 meses máis tarde o noso 4º traballo de S&R, que terá título en canto ao Miguel lle veña un refacho de brillantez inspiradora :-), pero as cancións xa se van collendo forma.

+ Info

Bandcamp: siraeorobot.bandcamp.com
Vimeo: vimeo.com/siraeorobot
YouTube: Sira e o Robot
Web: siraeorobot.wordpress.com
Twitter: twitter.com/SiraEORobot
Facebook: facebook.com/sira.e.o.robot
Instagram: sira.e.o.robot
Soundcloud: Sira e o robot
ventriloquorum: ventriloquorum.com

Reverend of Rap

E M E R G E N C Y / Facendo rimas

WTFire

Zipline Through the Clouds

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#02 / Un fracaso exitoso

Boas tardes!

Antes de nada, esperamos que vaiades levando isto con filosofía, que son tempos insólitos, cheos de preocupacións no presente e por esta paisaxe do futuro cada vez máis estrana.

Que vivas en tempos interesantes decían xs chinxs non sen certa ironía.

Pois aquí estamos.

Isto é un pouco de comunicación de formato longo, e unha proposta tamén, para moitos de vós, amigos, colegas e xente interesada no proxecto de Sira e o robot.

Queremos adiantar que este mail non é para vendervos nada, as persoas que recibades este comunicado terán os libros que queirades. Xa vos consideramos parte do proxecto, dentro do petit comité conspirador. E deusa sabe que teremos uns cantos de sobra cando se acabe isto! Lol. Podedes compartir esta inciativa con xente de confianza tamén, pero por favor non publiquedes nada do seguinte nas redes. Isto é un especie de plan.

ler máis

#01 / Informes audiovisuais

Estimadas mecenas,

Grazas polas vosas aportacións. Atoparedes un par de informes aquí. A ver se se ve neste correo. Se non, haberá que meter o link no voso navegador. Iremos subindo outras cousas cada pouco. Pódese suscribir ao noso canle de youtube unha tempada ou vimeo ou seguirnos nas redes!

-https://www.youtube.com/watch?v=akAsSODRAXs&t=5s

-https://www.youtube.com/watch?v=9vl86fEye00

Un saúdo e moitas grazas! A ver se se anime máis xente, que aínda nos queda bastante!

Sira, Mark e Miguel

Utilizamos cookies propias para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para fines analíticos y mostrarte publicidad personalizada a partir de tus hábitos de navegación. Acepta todas las cookies pulsando “Aceptar” o más información y configura tus preferencias aquí.