❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Raiba "MARXINACIÓN"

Raiba está a gravar o seu 4º álbum de estudo. Un traballo conceptual chamado "Marxinación". Agardamos que nos podades axudar a conseguilo. Apertas!

Raiba

A project of

Category

0
seconds
57
Pledges
2.070€
From 2.000€
Contribute to the project

Choose your reward

En Raiba comezamos a gravación do novo traballo MARXINACIÓN. Cuarto disco da banda, gravado e co-producido por Iago Pico en Pousada Sons Studios.

Neste 2017 voltamos á carga cheos de forza. Despois de "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) chega MARXINACIÓN, un paso máis na evolución natural da banda e da consolidación dentro de panorama musical galego, mostra disto é que acabamos de ser elexidos "finalistas dos IV Premios Martín Códax da Música 2017".

O disco sairá en maio e irá acompañado dunha festa-presentación na Capitol (Compostela), xunto con dúas bandas convidadas. Agardamos vervos a tod@s ali!

Que faremos cas vosas aportacións?

Como xa sabedes, un disco ten moitos custos: gravación, master, videoclip, deseño, fabricación, merchan, cartaces...

Nós pedimos só unha parte de todo o que precisamos para sacalo adiante. En agradecemento ao voso apoio intentamos facer unhas recompensas curradas, de boa calidade e cuns prezos moi interesantes, que de seguro vanvos prestar!

Calendario previsto

En maio MARXINACIÓN xa estará rematado e preparado para sair. A idea que temos é comezar a facer os envíos das recompensas unha vez se teña chegado ao obxetivo, inda que a campaña de Verkami non rematase.

O venres 19 de maio faremos o CONCERTO DE PRESENTACIÓN do disco na sala Capitol de Compostela. Tamén tocarán PITO DE PIKASSO e os ESQUÍOS. Alí tamén entregaremos as recompensas dos que queirades.

+ Info

web : raiba.gal
facebook
youtube
twitter

Contratación: 622 127 750 | 646 226 276

E-mail: info@raiba.gal

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Raiba

    Raiba
    Author

    almost 4 years

    Boas Carlos,

    Moitas grazas por interesarvos en Raiba. Efectivamente, de momento temos libre o 14 de outubro. Podes contar coa data. Se queres podes contarnos máis cousas do evento a través de info@raiba.gal ou no teléfono 622127750

    Unha aperta! :)

  • carlos

    carlos

    almost 4 years

    Ola

    Son Carlos da libraría Aira das letras de Allariz. Formamos parte do Poemagos (festival de poesía que se fai en outubro organizado pola Fundación VIcente Risco). Se tedes libre o 14 de outubro aportaríamos os 500 euros. Xa me diredes.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.