En que consiste PLIS PLAS FESTIVAL
PLIS PLAS FESTIVAL é un festival urbano multidisciplinar para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos.
Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo... e unha grande cantidade de actividades de balde e propostas de calidade e respectuosas coa infancia, que se celebrarán durante todo un fin de semana no Pau de Navia (Vigo).
Sobre nós
PLIS PLAS FESTIVAL é unha iniciativa de Plis Plas, la guía de los niños e Mundo Sonoro, escola de música, dous emprendementos que se fusionan para xerar un festival adicado ao seu público máis concreto: as crianzas e a súas familias.
Por que necesitamos o voso apoio
Sabemos que moitas familias estades á espera da segunda edición do Plis Plas Festival, e estamos a poñer todo o noso esforzo para realizalo do mellor xeito posible.
Pretendemos que o festival sexa totalmente GRATUÍTO, pero estanos resultando moi difícil conseguir o financiamento necesario para levar a cabo un evento como o que entendemos que merecen as familias.
Pensamos que se cadaquén fai unha achega, na medida das súas posibilidades, entre todos poderiamos conseguir levar adiante o festival.
Por iso a través desta plataforma de crowfunding, lanzamos á venda anticipada do merchandising exclusivo do festival deseñado por Ollalla Fernández, por dous motivos...
Primeiro para poder custear o mesmo.
Pero sobre todo, para recadar fondos para cubrir parte dos gastos da organización do festival.
ENTRE TODOS FARÉMOLO POSIBLE!
Se tes un negocio ou empresa, e queres apoiar á realización do festival facendo unha achega maior, estarémosche moi agradecidos. Podes poñerche en contacto connosco e enviarémosche as diferentes propostas de patrocinio.
Lembra
As recompensas entregaranse durante o festival ou despois do evento na escola de música Mundo Sonoro.
Por favor, unha vez feita a compra, non esquezades enviarnos un e-mail a: camisetas.plisplasfestival@gmail.com para elixir as tallas das camisetas.
MOITAS GRAZAS!
+ Info
Plis Plas Nº 43· Abril 2018
7 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
ulas
moita sorte rapaces, a por outro ano mais
ulas
moita sorte rapaces, a por outro ano mais
pcerezal@hotmail.com
Querría talla 5-6
Festival Plis Plas
Author
GRAZAS POLAS VOSAS PALABRAS!
Patricia Paniagua
Ánimo raparigos, é un proxecto precioso!
Maria Davila
Gracias por vuestro trabajo....recordad la próxima vez, hacer Rockeras, y bailarines
rebeca
Ánimo chicos!!!!!! desexando que chegue o dia!!!! difundo a todas as familias de Caracol!