O PROXECTO.
As cancións xorden das experiencias que me ofrece a vida. Ás veces propia outras inventada. Así hai cancións con crítica, con retranca, musicando poemas. Hai diversidade de estilos e temáticas porque non me gusta a monotonía. Así fun recollendo durante estes dous anos, que andiven tocando como cantautor, unha badaza de cancións que pedían ser gravadas nun disco.
QUE ATOPARÁS NO DISCO.
Doce temas do máis variado. Moitas cancións forman parte do repertorio actual que toco nos directos e que o público máis fiel xa me comenzaban a cantar sen que foran gravadas.
Pero tamén aparecerán poemas musicalilzados de poetas galegos como Manuel María, Lois Pereiro, Quico Valeiras e Rosalía de Castro.
Ademáis dentro do disco irá un libriño de dezaseis páxinas coas letras,fotos e información sobre o disco.
MÚSICA E POESÍA.
Gracias a música pódese contextualizar mellor a palabra, darlle máis significado e así as ideas e os sentimentos van por unha vía rápida cara os teus miolos. Así acontece no poema "A Fala" de Manuel María, que será gravado xunto coa propia voz de Manuel María recitando e a zanfona de Anxo Pintos. E mesmo Quico valeiras, un poeta do Carballiño moi xoven e que vai petar moi forte no mundo literario ao que tiven a sorte de poder musicalizar o seu poemario e que eu púxenlle de título "O amor son as maus".
Poesía e música son pólas da mesma árbore que florecen no esceario.
QUEN PARTICIPA NO PROXECTO
Musicalmente: David Outumuro (batería), Susana Blanco (chelo), Aleixandre Cabanelas (saxo), O Leo i Arremecághona e Anxo Pintos (Zanfona).
Unha fantástica lámina feita para este proxecto por Pepe Carreiro para as recompensas. Unha edición limitada. Non a perdades. E na edición do libriño do disco e diseño da camiseta OZOCOgz. Empresa galega adicada ao deseño en galego.
DATAS PREVISTAS
Xullo gravar o disco.
Setembro masterización.
Setembro entrega de recompensas.
A QUE SE DESTINAN OS CARTOS
A pagar o estudio de gravación.
A masterización.
As 800 copias do disco e a edición do libriño.
As camisetas da recompensa.
Pagar os gastos de xestión a Verkami.
www.anxoblas.com
4 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
xurelo
Forza!!!
anxostar
Forza Anxo!
Xabier Domínguez
Noraboa Anxo e moito ánimo! Xabi VdB
Eladino Cabanelas
Altamente recomendábel!!!!