❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Mariña

Álbum ilustrado que conta as fantasiosas vivencias dunha nena na súa tenda familiar. Escrita en galego e ilustrada en tódolos idiomas.

Isabel Somoza

A project of

Category

Created in

0
seconds
138
Pledges
4.661€
From 4.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

"Mariña ulía a casa vella, a madeira noble, a terciopelo.

Mariña tiña o corazón do seu avó, a alma da súa nai e a sorna do seu pai".

 

Así comeza esta historia, un conto adicado a todos aqueles que, de cando en vez, voltan con nostalxia ás lembranzas da súa nenez.

Lembranzas

A miña familia ten unha mercería nun edificio centenario dende fai 64 anos, tres xeraciós traballamos nela... cando era unha rapaza pasaba alí as tardes, xogaba ó escondite metida en caixas de xerseis, facía tiracroios con tickets da caixa e gomas, tirabame por tobogáns imaxinarios caendo sobre bolsas de mercancía... incluso vin nalgunha ocasión unha nave chea de monstruos ó abrir a porta do probador.

Os meus avós pensaban que tan só tiñan unha vella tenda, mais era o lugar ideal para educar a mente inquieda dunha nena, explorando cada rincón e descubrindo o que agora xa non podo ver.

O Proxecto

Con todas estas lembranzas fixen un conto e unha persoaxe: "Mariña".

A historia a forman unha sucesión de todas estas pinceladas envoltas en nostalxia. A protagonista atravesa o antiguo plano da tenda e amósanos en cada ilustración cómo se ven as estancias baixo os ollos dunha nena, convertindo cada unha delas nunha nova aventura.

Mariña é unha boneca articulada, á que lle din vida cos vellos cartóns que gardaba a miña avóa, así que ten xa moitos anos na súa pel gris, desgastada e fráxil. Os traxes fixéronse con tickets, con facturas, con etiquetas, con envoltorios... non quixen empregar ningún material novo, porque toda a historia ocorreu fai moito tempo.

Aspectos técnicos

O álbum ten 14 ilustracións debuxadas a lápiz sobre cartón gris e coloreadas a man, que serven de escenarios á nosa protagonista.

O texto orixinal do conto é en galego, pero o libro inclúe unha traducción ó castelán.

Está impreso a cor en papel estucado mate de 200gr., a encadernación é cosida e acabada con tapa dura.

Sobre as recompensas

Quixen que as recompensas teñan un forte vínculo co que para min significa este proxecto.

Recompensa 1

Recortable de Mariña

A protagonista é o máis representativo, así que creei unha boneca articulada do mesmo tamaño que as orixinais e, por suposto vestina coas mellores galas para este recortable que convírtese na primeira recompensa.

O vestido de rombos leva o mesmo debuxo que as baldosas orixinais do chan da tenda.

O segundo ten papeis de facturas a máquina e vellos corchetes.

As anotacións da sastrería é o estampado que leva o derradeiro vestido e as prumas, que é un elemento fetiche na miña obra, aparecen aquí en forma de ás para dar a liberdade que precisa a nosa protagonista.

Recompensa 2

Pack Vintage

Para min cada caixa antiga, cada factura, cada cinta, cada botón que atopo na tenda son grandes tesouros, imposibles de atopar noutro lugar, que falan e contan cousas se os sabes escoitar, así que esta recompensa significa moito para min, porque desprendereime das xoias da familia, mais de seguro recibiranos con agarimo os mecenas que os aprecien.

Tan só hai 10 packs nos que combinaréi 5 dos seguintes tesouros:

  • Libro de contabilidade.

  • Disco de vinilo promocional dunha marca de camisas dos anos 60.

  • Caixa de fíos "El Canastillo" cunha ducia de carretes de fío negro (fotografía).

  • Botós de camisa e de traxes atopados na sastrería.

  • Botón de loito (antigamente poñíase na solapa).

  • Un rolo de "Cinta alicantina".

  • Caixas de faixas e suxeitadores (anos 60).

  • Calcetíns deportivos anos 70.

  • Etiquetas, facturas, selos de correo e papeis antigos atopados nas oficinas.

Recompensa 3

Gravado

Non podía deixar de lado a miña faceta como gravadora, así que fixen un gravado orixinal, de edición limitada para acompañar a publicación do libro.

A imaxe que mellor simboliza este proxecto é unha vella caixa de cartón, desgastada, rasgada, que deixa saír todas as miñas vivencias, as miñas lembranzas, a miña nenez... en forma de prumas.

ficha técnica do gravado

Técnica: gravado ó verniz brando iluminado a man.

Soporte: prancha de zinc 1,8 mm. espesor

Tintas:1

Pranchas:1

Papel: Michel, branco roto, 250 gr.

Medidas: 16x24 cm.

Estampado a sangre.

Edición: 20 ejemplares

A autora

O meu nome é Isabel Somoza, licenciada en Belas Artes, técnico en gravado e estampación e responsable do centro de gravado "Augatinta", en Lugo, dende fai xa 20 anos.

Son artista, disfruto investigando novos procesos de gravado, impartindo e organizando talleres, creando obra, debuxando, escribindo... pero tamén traballando na mercería familiar descubrindo prendas que levan 50 anos escondidas, vellos botós, facturas manuscritas, selos, caixas...

¿A que destinaréi as aportacións recibidas?

O diñeiro recaudado destinarase á producción e distribución do libro e das recompensas, así como ás accións de marketing: edición do libro, impresión do gravado e do recortable, envíos, realización de tarxetas informativas, carteis, etc.

Se se supera a cantidade económica proposta, plantexareime unha ampliación da edición.

Calendario previsto

Durante o mes de Abril levarase a cabo o crowdfunding a través de Verkami así como ls accións para publicitalo en librerías e outros establecementos, mediante as redes sociais, etc.

O libro está xa rematado, maquetado e listo para a súa impresión, polo que, coa vosa axuda, agardo que poida estar listo a principios do mes de Maio e poder festexar con él o "día das letras galegas", que é o 17 de Maio.

A presentación in situ do libro farase na mesma tenda na segunda metade de Maio e alí poderán recoller o seu exemplar tódolos mecenas que asistan.

A partir desta data comenzaredes a recibir por postal express o voso libro e as recompensas tódolos que participárades. ¿Volo ides perder?

Segue o proxecto en:

Facebook

Instagram

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

17 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Isabel Somoza

    Isabel Somoza
    Author

    about 4 years

    Conseguido!!! Muchisísimas gracias a todos!!! Estoy muy feliz de que Mariña haya tocado vuestro corazoncito. Me pongo en marcha para mandarlo a edición y que lo podáis tener lo antes posible!!! GRACIAS GRACIAS GRACIAS

  • Bgo

    Bgo

    about 4 years

    Que poquito queda! Mariña ya casi lo ha conseguido ! 😊 Seguiremos pendientes 😉

  • Rut

    Rut

    about 4 years

    Mecenizando feliz

  • Isabel Somoza

    Isabel Somoza
    Author

    about 4 years

    Espero que a tus peques les guste tanto como a ti Bego!!!

  • Isabel Somoza

    Isabel Somoza
    Author

    about 4 years

    Qué ilusión que te emocionen mis escaparates y mi proyecto. Seguiré esforzándome por no defraudaros!!!

  • Monica Fol

    Monica Fol

    about 4 years

    Todos los días paso por delante de García y todos los días miro sus escaparates. Siempre me he preguntado quién estaría detrás de unas decoraciones tan cuidadas, originales y llenas de arte. Acabo de descubrir a la autora y ahora lo entiendo todo. Hace 16 años que la elegí para hacer mis invitaciones de boda y yo pensaba que no había vuelto a encontrarme con ningún trabajo suyo... ¡Maravilla!

  • Bgo

    Bgo

    about 4 years

    Que idea tan original has tenido! Me encantará leerlo con mis peques 💙

  • Isabel Somoza

    Isabel Somoza
    Author

    about 4 years

    Xa falta menos!!!

  • Maria Nogueira

    Maria

    about 4 years

    Deseando telo!!

  • Fabiola Gil

    Fabiola Gil

    about 4 years

    ¡Qué ganicas de tenerlo! ¡Suerte!

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.