❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O Xogo das Parellas, un xogo infantil en galego

Queremos facer un xogo para que os nenos e nenas xoguen e se divirtan en galego, pódesnos axudar?

0
seconds
103
Pledges
1.473€
From 1.400€
Contribute to the project

Choose your reward

O Xogo das Parellas, xogo de memoria en galego

O xogo é unha parte fundamental na vida ao longo da infancia. Ter materiais e xogos para que os nenos xoguen usando a lingua galega é clave para a aprendizaxe e a normalización do idioma.

O proxecto "O Xogo das Parellas" é un proxecto para facer unha versión galega deste tradicional xogo de memoria, dende un enfoque no que se traballa con vocabulario en galego permitindo que os nenos e nenas normalicen o xogo en galego ao mesmo tempo que aprenden.

O xogo, de 18 cartas, ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos e nenas poden xogar uns cos outros ou cunha persoa adulta que xoga con eles.

Sobre as recompensas

Colaborando coa publicación deste xogo estarás favorecendo a existencia de xogos en lingua galega. Queremos que sexa o primeiro de moitos xogos que editamos en galego, podes axudarnos?

Sobre nós

O proxecto "O Xogo das Parellas" desenvolvémolo Acuto Xuegos y Ediciones, unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano e agora queremos propor un dos nosos xogos con máis éxito tamén en galego.

A que asignaremos achegas

O orzamento do proxecto que se propón na campaña baséase nos gastos de deseño, edición e imprenta ademais dos gastos de envío das recompensas.

Calendario previsto

Imos realizar os envíos durante os meses de decembro e xaneiro.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

7 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Acuto Xuegos y Pablo M. Testa

    Acuto Xuegos y Pablo M. Testa
    Author

    almost 4 years

    Moitas grazas Sulker! :)

  • Sulker

    Sulker

    almost 4 years

    Moita sorte! sempre axudaremos a proxectos con tan boa intención. Un saudo dende Murcia!!

  • Manu

    Manu

    almost 4 years

    Matarial!!

  • Acuto Xuegos y Pablo M. Testa

    Acuto Xuegos y Pablo M. Testa
    Author

    almost 4 years

    Moitas grazas polos apoios. Estamos achegando ao 50% da meta!

  • Josè Manuel Illanes Morais

    Josè Manuel Illanes Morais

    about 4 years

    Moita sorte!!

  • Xosé

    Xosé

    about 4 years

    Sorte no voso proxecto!!

  • MMPassarim

    MMPassarim

    about 4 years

    Boa sorte co projeto!

#07 / Moitas grazas!!

A campaña rematou! Moitas grazas a todos os que fixestes posible que este proxecto saia adiante! En poucos días terás máis información.

#04 / Queremos facer máis xogos en galego

Can, esquío, cabalo, raposo, golfiño, abella, bolboreta... O seguinte xogo que editamos queremos que sexa sobre os animais de Galicia, pero temos que publicar este primeiro. Axúdanos a difundir a campaña para conseguir o obxectivo.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.