❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Dominó de Animais

O Domino de Animais xa ten financiamento, agora imos tentar ter mais tarxetas

0
seconds
81
Pledges
1.152€
From 1.000€
Contribute to the project

Choose your reward

O xogo é unha parte fundamental da vida dos nenos. Ter materiais e xogos para que os nenos xoguen na súa propia lingua é clave para a súa aprendizaxe e normalización na súa vida desde unha idade temperá.

O proxecto "Dominó de Animais" é un proxecto para facer unha versión infantil con animais deste xogo tradicional. Utilizar a lingua para aprendela, utilizar a lingua para que os nenos a normalicen na súa vida, son os obxectivos da publicación deste xogo.

Prototipo do Dominó de Animais
Prototipo do Dominó de Animais

O xogo de 28 cartas ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos poden xogar uns cos outros ou cos adultos. O xogo consiste en xuntar o nome do animal que está nunha tarxeta co seu debuxo que está noutra, facilitándolle ao neno aprender os nomes dos animais e ser consciente do idioma no que xogan.

Nenos xogando na versión asturiana do Domino de Animais
Nenos xogando na versión asturiana do Domino de Animais

Sobre nós

O proxecto "Dominó de Animais" está a desenvolver Acuto Xogos e Edicions, unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano e agora queremos ofrecer un dos nosos xogos máis exitosos en galego.

Este é o noso segundo proxecto en galego despois de que o ano pasado tamén publicásemos a través de crowdfunding O Xogo das Parellas.

O Xogos das Parellas, o noso primeiro xogo en galego
O Xogos das Parellas, o noso primeiro xogo en galego

Acuto Xogos e Edicións vén de rematar con éxito outro crowdfunding para facer un xogo trivial en asturiano: vkm.is/cualaye

Podes atopar máis información sobre nós en facebook.com/acutoxuegos

A que asignaremos as contribucións

A cantidade de diñeiro solicitada para a realización do proxecto divídese en: 70% gastos de impresión, 15% gastos de envío, 8% comisións Verkami e 7% custos de deseño.

Calendario programado

En canto alcanzemos o obxectivo mínimo de financiamento, remataremos o traballo de deseño do xogo e cando remate a campaña enviaremos o traballo directamente á imprenta. O xogo entregaríase entre os meses de outubro e novembro.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Ramón Coira Luaces

    Ramón Coira Luaces

    about 3 years

    Boa idea!

  • Davide Leira

    Davide Leira

    over 3 years

    Toda a forza do mundo, e avante toda! As nosas crianzas (e nós mesmxs) precisan deste tipo de iniciativas.

  • Acuto Xuegos y Pablo M. Testa

    Acuto Xuegos y Pablo M. Testa
    Author

    over 3 years

    Moitas grazas! 🙂

  • anxoscabada

    anxoscabada

    over 3 years

    Moito ánimo! Polas nosas crianzas, para que poidan brincar na súa fala. Obrigada por darnos recursos para facelas sorrir.

#07 / Moitas grazas!!

Fixémolo! grazas! Grazas a ti é posible facer un xogo infantil en galego e que centos de nenos poidan ter momentos de xogo no noso idioma.

En breve recibirás máis información no teu correo electrónico

#05 / Moitas grazas!

O Domino de Animais xa está financiado grazas a todos vós. Moitas grazas!

E agora? O xogo ten financiamento para ser de 28 cartas, agora imos tentar obter financiamento para que teña máis. En breve informaremos.

#04 / Como xogar a Domino de Animais?

O xogo está baseado dominó pero con animais de Galicia. Os nenos deberán coincidir o debuxo do animal co seu nome, conseguindo que aprendan o seu nome en galego e ao mesmo tempo normalicen o galego no seu tempo de lecer.

exemplo
exemplo

#02 / Nova achega

Poñemos as últimas unidades dispoñibles do Xogo das Parellas a un prezo moi especial só para persoas que colaboran no Domino de Animais. Son as 15 últimas unidades dispoñibles, a 5€.

Xogo das Parellas
Xogo das Parellas

#01 / Nova achega con desconto

Durante o segundo día da campaña poñemos unha nova achega con desconto para as persoas que queiran colaborar dende o comezo coa campaña. Podes obter o Domino de Animais por 11 € con envío incluído.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.