❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Arrhythmia "I" - Primavera 2020

Xa está aquí o noso novo traballo "I", queremos facelo grande e contamos con vós!

Arrhythmia

A project of

Category

Created in

0
seconds
190
Pledges
4.881€
From 4.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Arrhythmia no Resurrection Fest
Arrhythmia no Resurrection Fest

Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.


"I" será o terceiro traballo da banda, despois de xa 7 anos medrando no panorama galego queremos amosar as cancións que estivemos facendo nos últimos tempos.

Metal, rap, rock e electrónica que serven de base para sementar as nosas ideas.

Podedes ver por onde van os tiros co sinxelo xa publicado "Voltarán".

Voltarán, primeiro sinxelo do disco
Voltarán, primeiro sinxelo do disco

Sobre as recompensas

Coma sempre traballamos cos mellores deseñadores para o noso material, neste caso é Anxo Vizcaíno o encargado de poñerlle forma gráfica ao noso son, o que vedes do novo material é só un indicio da portada definitiva que ensinaremos cando se achegue a estrea.

Podedes botar un ollo aquí aos seus traballos:
Instagram @anxovizcaino

Algún dos traballos recentes de Anxo Vizcaíno
Algún dos traballos recentes de Anxo Vizcaíno

Sobre nós

Dende a saída de "III" en 2012 non deixamos de tocar prácticamente en tódolos festivais galegos nunha fuxida estilística sempre cara adiante na procura dunha nova motivación musical.

"II" foi a nosa consolidación no panorama galego e sinxelos como "A Forza da Razón" ou "A Cea dos Malditos" foron os que crearon esta relación tan especial que vivimos hoxe en día con vós, que no último ano convertestes cada concerto nunha batalla.

Con estes traballos recibimos algún premio:

-No 2018 recibimos o Premio Martin Codax como mellor banda galega de metal

Arrhythmia, mellor banda metal Premios Martin Codax 2018
Arrhythmia, mellor banda metal Premios Martin Codax 2018

-No 2019 gañamos o Band Contest do Resurrection Fest entre máis de 600 bandas de dentro e fóra do estado, o que nos permitiu tocar nun dos mellores festivais europeos deixándonos unha lembranza memorable.

Arrhythmia gañadores Band Contest do Resurrection Fest
Arrhythmia gañadores Band Contest do Resurrection Fest

Nos últimos tempos categorízasenos como banda de metal, mais neste traballo non pechamos portas a nada, seguen os riffs cañeiros, pero tamén exploramos máis alá: sintetizadores, ritmos de electrónica, cadencias rap... evolución ou morte.

É a primeira vez que faremos o traballo en cuarteto tras a chegada á banda de Miguel Duarte.

Arrhythmia somos:
● Alberto Busto: Guitarra e voz
● Alejandro Maciñeiras: Baixo eléctrico
● Álvaro L. Barreiro: Batería
● Miguel Duarte: Guitarra

Miguel e Alberto no Resurrection Fest
Miguel e Alberto no Resurrection Fest

A que destinaremos as vosas achegas

Sabedes que o noso traballo é totalmente autoeditado a nivel audiovisual, máis queremos dar un salto na calidade para o que investiremos en novos equipos de gravación e rodearémonos dos mellores profesionais.

Usaremos as achegas para a edición tanto de CDs como Vinilos, a reimpresión de modelos de roupa antigos que máis vos gusten e o deseño e impresión de novas pezas.

Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.
Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.

Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.
Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.

Calendario previsto

Temos en mente ter o material para a primavera de 2020.

A presentación oficial onde poderedes recoller os packs sen envío será o 24 de Abril na Sala Malatesta de Santiago de Compostela.

Sala Malatesta
Sala Malatesta

+ Info

Podedes estar ao tanto de tódalas novidades da banda nas seguintes ligazóns:

Facebook
Twitter
Instagram

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

9 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • bieita

    bieita

    over 1 year

    Avante!!!

  • Rosana

    Rosana

    over 1 year

    Graciñas pola vosa música! Adiante!!!

  • Rosana

    Rosana

    over 1 year

    Un pouco máis preto de conseguir o voso soño

  • Richi Golpe Radikal

    Richi Golpe Radikal

    over 1 year

    Moito ánimo ! 😈🙌

  • CARLOS MACIÑEIRAS CELA

    CARLOS MACIÑEIRAS CELA

    over 1 year

    Xa sabedes, non preciso de envío postal :D

  • José Manuel Maciñeiras Mosquera

    José Manuel Maciñeiras Mosquera

    over 1 year

    Grandes!!!!

  • Arrhythmia

    Arrhythmia
    Author

    over 1 year

    25% acadado nun día. Grazas a tod@s!!

  • Víctor

    Víctor

    over 1 year

    Música é liberdade

  • Arrhythmia

    Arrhythmia
    Author

    over 1 year

    Primeiras achegas! Entre todos os que merquedes algo sortearemos un CD, entrada ou camisola a elexir se compartides o pack mercado etiquetando nas vosas redes. Grazas!

Go back to all the updates

#01 / Entradas a prezo reducido no Verkami e sorpresa para os mecenas

Entrada concerto de presentación
Entrada concerto de presentación

Queremos agradecervos todas as achegas agasallando a todos os mecenas que xa fixéstedes ou faredes aportacións de máis de 50 euros cunha invitación para o concerto de presentación do disco na Sala Malatesta de Santiago DC o 24 de abril.

Poñemos á venta só durante o Verkami as primeiras entradas a prezo reducido por 7 euros.

Lembrade que no concerto teremos unha banda invitada.

Moitísimas grazas polo apoio, se nesta semana conseguimos chegar aos 2500 euros ensinamos algo novo...

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#03 / Presentación e disco adiados :(

Ola a tod@s!

Contactamos con vós para explicarvos a situación actual da saída e presentación do noso novo disco que como sabedes foi alterada pola pandemia, queríamos que fórades os primeiros antes de publicalo nas redes.

A presentación estaba programada para o día 6 de Novembro na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, e do mesmo xeito que ocorreu cos concertos do verán, vai ser imposible facela xa que actualmente é imposible realizar un concerto de este tipo nun lugar pechado, a sala leva máis de medio ano sen poder traballar e segundo nos comentan sen respostas nin axudas de ningún tipo.

¿Que ocorre co Verkami?

Imos a facer un último intento por presentar o disco nas mellores condicións posibles, e esto implica poder tocar en directo, para nós sería moi triste lanzar o disco e non poder sair a defendelo nos escenarios. Non queremos… read more

#02 / Novos artigos no Verkami

Novos parches
Novos parches

Vimos de incluír novos parches no Verkami.

Lembra que se no pack que mercaches hai algún artigo que prefires cambiar por outro do mesmo valor non haberá problema, ao final da campaña tomamos nota!

Tamén os podedes mercar soltos a maiores do pack que xa tedes.

Estamos a piques do 50%, chegamos?!

Parche Arrhythmia
Parche Arrhythmia

Parche A Forza da Razón
Parche A Forza da Razón

#01 / Entradas a prezo reducido no Verkami e sorpresa para os mecenas

Entrada concerto de presentación
Entrada concerto de presentación

Queremos agradecervos todas as achegas agasallando a todos os mecenas que xa fixéstedes ou faredes aportacións de máis de 50 euros cunha invitación para o concerto de presentación do disco na Sala Malatesta de Santiago DC o 24 de abril.

Poñemos á venta só durante o Verkami as primeiras entradas a prezo reducido por 7 euros.

Lembrade que no concerto teremos unha banda invitada.

Moitísimas grazas polo apoio, se nesta semana conseguimos chegar aos 2500 euros ensinamos algo novo...

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.