❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

UN EDIFICIO, UN PROXECTOR E MOITO TEMPO

Resumo das proxeccións que desde unha xanela na rúa Concheiros en Compostela, déronlle voz ás opinións, pensamentos e emocións da xentiña...

Unitaria

A project of

0
seconds
317
Pledges
9.680€
From 6.700€
Contribute to the project

Choose your reward

INTRODUCIÓN

A aparición dun virus veu colocarnos a toda a cidadanía nunha situación de forte impacto como consecuencia da incerteza, das prohibicións asociadas ás responsabilidades individuais fronte ó ben colectivo e á limitación das liberdades e dereitos que, inda na actualidade, obrígannos a avanzar nas novas dinámicas do mundo. Sen embargo, o confinamento decretado en marzo do 2020 a raíz do Estado de Alarma como consecuencia da pandemia polo coronavirus, tamén potenciou, sen dúbida, a necesidade de explorar novas vías de expresión e de relacións humanas como ferramentas para a supervivencia. Esta parada sen precedentes foi tan peculiar, que foron moitos o que se atreveron a interpretalo creativa e artisticamente e polo ben común. E nós tamén. 

Neste sentido, na rúa compostelá dos Concheiros sita no barrio de San Pedro, o encerro veu acompañado da forza da creatividade e do poder do comunitario, mecanismos ambos, xeradores de discursos necesarios e transformadores, especialmente en tempos de crise. O potencial da estratexia de balcóns e xanelas nacida durante o confinamento favoreceu que, o activismo social e artístico presente no territorio tendera unha ponte entre a veciñanza en particular e entre a cidadanía en xeral: por medio de proxeccións visuais desde unha xanela á fachada do edificio de en fronte, déuselle voz ás opinións, pensamentos e emocións que chegaban a diario e de xeito espontáneo desde os fogares illados a todas as canles de comunicación da Escola Unitaria, pechada esta por decreto, pero nunca inactiva e en constante interacción coa contorna. Por medio deste singular altofalante artellado en colectividade e desde a participación, a cidadanía puidemos expresarnos e relacionarnos entre nós desenvolvendo así un exercicio de unión, reflexión e de (auto)motivación nun momento no que o libre pensamento, a interacción social e os sorrisos eran mais necesarios que nunca.

Por outra banda, cabe resaltar, que as cidades, os barrios e as rúas, máis aló do que nelas pódese ver e tocar, tamén artéllanse en torno ao seu patrimonio inmaterial, conformado este polas historias, vivencias e emocións das súas habitantes e as sinerxías entre elas e as persoas que transitan polos lugares. Así é que  “Un edificio, un proxector e moito tempo”, pretende ser unha recompilación colectiva, creativa e artística sobre a memoria do confinamento, daquilo que foi e segue a ser necesario expresar e partillar, das inquedanzas sobre o que nos está a tocar a vivir, dos estados de ánimo e das opinións respecto dos ámbitos da vida e da sociedade. A memoria do momento construída desde as persoas.

Coa existencia desta peza, poderase, en definitiva, recoller e preservar a través da apropiación individual a experiencia vivida en comunidade e acaecida en Concheiros, desde as vidas confinadas a prol da expresión, da alegría e da liberdade. 

QUE É?

Libro obxeto fotográfico resumindo os tres meses de proxeccións do proxecto Unitaria durante o confinamento. Frases proxectadas no edificio de enfrente, onde a sátira e o humor son a gasolina desta crítica social, política e económica.

Libro tamaño A5 de 160 páxinas. Interiores impresas a 4/4 tintas CMYK en papel estucado de 150 gr. Gardas sin imprimir en papel offset branco de 160 gr. Cuberta impresa a 4/0 tintas CMYK en papel estucado de 135 gr e plastificada 1/c. Encadernación tapa dura en cartoné cosido o cromo en cartón de 2,5 mm lombo recto con cabezadas.

Acompañado dun poster tamaño A2 a todo color encartado no libro. Ademáis a portada reacciona en AR (realidade aumentada) unha vez escaneado un código QR que leva o libro, liberando unha imaxe 3D do edificio da portada cas proxeccións en animación.

Sobre as recompensas

Quen somos

O Proxecto Unitaria naceu en maio do ano 2015 da man de Gonzalo Suárez e Fernando Lema, como un espazo multidisciplinar e colaborativo vencellado ás Industrias Culturais e Creativas de Galicia (ICC), xestionado pola Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale e con base social na cidade de Santiago de Compostela. A súa actividade principal destínase ao desenvolvemento de accións formativas dirixidas a profesionais do sector e a público xeral con fame de aprender. No 2017 foi incluído no banco de boas prácticas da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, desde o mesmo ano forma parte da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes e no 2018 concedéuselle o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural da man da Deputación de Ourense. 

Os dous socios que diriximos esta iniciativa, coñecemos moi de cerca a realidade do sector tras anos de reinvención nos nosos percorridos profesionais: as ICC constitúen un compoñente cada vez máis importante, xa que permiten a conversión da creatividade nun produto e/ou servizo e polo tanto, a vía máis directa de traducir a cultura en impacto económico sobre un espazo: xeran empregos sobre o territorio, pagan impostos, crean riqueza, melloran a súa competitividade e tamén actúan como elementos vehiculares na transmisión da identidade propia do territorio. Só unha industria forte e que atenda á diversidade presente en Galicia, ás novas formas de crear e ás novas realidades tecnolóxicas e produtivas propias do século XXI, pode ser garantía de supervivencia das nosas manifestacións culturais e artísticas. Neste sentido, diversas experiencias galegas vimos axudando a fortalecer e a espallar a nosa identidade e idiosincrasia propias. 

Por outra banda, sabemos que o emprendemento non precisa de grandes investimentos e depende fundamentalmente do talento e da creatividade (recursos inmateriais e polo tanto ilimitados), pero tamén debe ser un medio de vida para as profesionais, que aínda que practiquemos unha especie de militancia no sector, precisamos dispoñer dos medios necesarios para darlle continuidade ás iniciativas que emerxen dos intereses das persoas destinatarias. Dado o valor social que a cultura creativa aporta á nosa comunidade, desde Unitaria apostamos de cheo por facer posible que esta experiencia perdure no tempo. 

Trala nosa colaboración previa no proxecto LAV - Laboratorio Audiovisual de Vedra (espazo de encontro para accións formativas no eido audiovisual e con gran aceptación e participación de público), detectamos a carencia dunha oferta educativa específica e diversificada no medio. Unitaria xurdiu coa vontade de darlle resposta a esta necesidade e ás presentes na industria en xeral, programando propostas novedosas e de actualidade e colaborando para previr o movemento de profesionais fóra da cidade e do territorio galego na procura deste tipo de servizos. Unimos a nosas ganas e coñecementos para iniciar esta aventura invertendo os nosos aforros, esforzos persoais e a paixón pola profesión e implantamos este proxecto xerando un espazo singular nunha antiga escola unitaria no barrio compostelán de San Pedro (contorna coñecida pola súa apertura, dinamismo e confluencia creativa e de activa participación cidadá). Ao longo de seis anos de actividade, nos que vimos programando centenares de eventos educativos, artísticos e culturais, ampliamos de xeito exponencial a nosa oferta e diversificámola atendendo ás demandas recollidas para a divulgación, a promoción e o encontro entre profesionais e público. 

Desde o seus inicios, Unitaria ten tres puntos de partida fundamentais: a diferenciación, a calidade e o agarimo. Xeramos con seriedade o noso servizo dirixido ao crecemento profesional e creativo do público, implementando accións innovadoras, atraendo a profesionais con recoñecemento no sector e que tamén inician ou desenrolan con entusiasmo o seu percorrido, colaborando no desenvolvemento cultural e creativo da contorna e mantendo sempre a porta da casa aberta para xerar sinerxías que favorezan a construción e a mellora en colectividade. Nesta aventura acompáñanos a conciencia de que é imprescindible a unión de esforzos para non morrer polo camiño: obtemos o que Unitaria precisa para respirar (non sen dificultade ás veces) e aportamos a posibilidade de que profesionais teñan un espazo no que desenvolverse e que o alumnado recicle e amplifique os seus coñecementos, procurando que as persoas que habitan esta casa de xeito temporal, saian dela con ganas de voltar. 

A  nosa base social e público

“Amiguiñas e amiguiños”: son numerosos os apoios incondicionais que rodean a Unitaria: amizades, familiares, veciñanza, profesionais e institucións de diferentes sectores aportan o seu gran de area para que este proxecto non cese na súa actividade. 

Colaboracións: docentes, artistas e creadoras de diferentes ámbitos son contactadas ou contáctannos directamente para levar a cabo as súas propostas, contando cun espazo axeitado ás súas necesidades e que muda segundo o evento programado, sendo cada vez que se produce algo un lugar diferente.

O público: conscientes do uso tradicional que se dá á cultura, a nosa filosofía de traballo encamíñase para xerar accións que favorezan a participación dun público prosumidor, coa finalidade de ir máis aló do mero consumo, promovendo a súa implicación nos formatos e nas experiencias. O noso público diana (procedente principalmente de Galicia) son persoas dispostas a aumentar de forma práctica o seu currículo, de maximizar a súa empregabilidade reciclando e aumentando os seus coñecementos previos e daquelas que queiran participar de forma activa no consumo dos produtos e iniciativas promovidas desde Unitaria.

A que destinaremos as vosas achegas

Calendario previsto

Pois según remate o Verkami, se conseguimos o obxetivo, irá rapidamente para impresión e tan pronto cheguen os libros iremos repartindo o máis rápido posible. ;)

+ Info

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

21 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Ángel Pereira

    Ángel Pereira

    4 months

    🤘🏻🤘🏻🤘🏻

  • María Álvarez

    María Álvarez

    4 months

    vamooooos!!!

  • Eva Cividanes

    Eva Cividanes

    4 months

    Longa vida á Unitaria

  • Juan Pablo Venditti

    Juan Pablo Venditti

    4 months

    final countdown!!!

  • Yolanda Go

    Yolanda Go

    5 months

    🤘

  • Jorge Aguado Sánchez

    Jorge Aguado Sánchez

    5 months

    Un gran proyecto <3 Grazas!

  • Paula Romero

    Paula Romero

    5 months

    🙌 A por todas, Unitarios! 💘

  • Cris Garcia

    Cris Garcia

    5 months

    👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽

  • Ink

    Ink

    5 months

    Good morning, Proxeccións!!

  • Antonio

    Antonio

    5 months

    Moitos parabens!

#06 / Xa chegaron os libros!!

Xa chegaron os libros!!

Empezamos a envialos mañá mesmo, as persoas que queiran recoller o seu poden facelo esta semana, do 26 ao 30 de xullo en horario de 10:30 a 14:00, en agosto pechamos, así que o resto de recollidas serán a partir de setembro.

#05 / O Libro está no forno

Ola mecenas, felices vacances vacinated (ou esperando por ela). Escribimos so para informar que o libro segue en proceso de impresión, é un libro con tapas duras, cosido e con guardas pintadas, esto fai que se tarde máis do normal, son moitos procesos..., en principio dinos de imprenta que chega sobre o 15, intentaremos facer todos os envíos a última semana de xullo. Esa semana tamén indicaremos onde podedes recollelos as persoas que vivides cerca. En agosto estaremos pechados, así que para o resto de recollidas será a partir de setembro...

Que ganas de velo nas mans, LAVIRGHEEEEEN!!!!

#03 / Quedan 5 días!!!

Querid*s Mecenas, queriamos pediros que avisedes a todo quisqui de que so quedan 5 días para poder formar parte deste proxecto, que logo xa non sairán nos créditos como mecenas, e eso ao neno Jesús non lle gusta.

Zenquiu for your collaboration.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.