❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Edición da Ontoloxía Poética de Carlos Santiago

Carlos Santiago é un dos máis recoñecidos poetas e dramaturgos galegos. Este volume recolle a súa obra poética dos últimos 20 anos

Carlos Meixide

A project of

Category

0
seconds
110
Pledges
3.074€
From 2.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Ontoloxía Poética recolle a creación poética de Carlos Santiago desde o 1998, que serviu de base textual a innúmeras performances, recitais e proxectos teatrais. Como o autor afirma no prólogo, o libro é un acto de exorcismo, destinado a mandar de volta os textos ao inferno, de onde saíron.

“E haber, haivos de todo dentro. Amor, angustia, cólera, gargalladas, cábalas, vómitos e paridas. Tamén algúns versos rimados e non poucas disonancias. Hai rock, e rap, e boleros absurdos. Remedos de grandes mestres e traizóns innecesarias. Cadernos de notas. Un odio leal cara ao inimigo. Vidas e mortes de seres amados. Mesmo apuntes do natural, ridiculamente obscenos, e marañas de versos esfiados. Non teño contención.”

Sobre o autor

Escritor, poeta, dramaturgo e director escénico, Carlos Santiago (Santiago de Compostela, 1966) fixo parte da xeración de creadores e activistas culturais que emerxeu nos anos noventa á volta da Nave de Servizos Artísticos (NASA). Formou parte de bandas de rock como Nicho Varullo, a Banda da Nasa ou a Psicofónica de Conxo. É autor dun poemario, Metalurxia (Positivas, 1996) e de textos narrativos como Acantinado (Edicións do Trece, 2008); así como diversos espectáculos de poesía portátil: Textículos (2004), Desacordos Ortográficos (2007) ou As Cinzas de Pasolini (2014).

No seu traballo como dramaturgo e director escénico, que desenvolve tanto na Galiza como en Portugal, é autor de mais de trinta pezas estreadas a un lado e outro do Miño, entre elas, Au Gaciar (1999) Ascensão e Queda de Zé Grotewski (2001), Ratman e Bobyn (2001), Abraço de Ferro (2002), Sidecar (2003), Mamã Lusitânia (2005), Finlandia (2008), O Vegetal (2011), República de Gundián (2013), Ruína (2014), Dura Lex (2014), Cicatriz (2015), Tráfico (2016), Cranios Privilexiados (2017), Falar por Falar (2018), Ensaio sobre a Blasfemia (2020) ou De volta sem Magalhães (2020).

Sobre as recompensas

As recompensas que ofrecemos neste proxecto son as seguintes:

  • Libro 'Ontoloxía Poética' de Carlos Santiago. O obxectivo fundamental desta campaña. A obra poética dos últimos vinte anos de Carlos Santiago nun fermoso e coidado volume deseñado por Pancho Lapeña.

  • Recital poético de Carlos Santiago: Dado que moitos dos textos recollidos na Ontoloxía Poética teñen vida enriba dos palcos, ofrecemos un recital poético de Carlos Santiago nun lugar e data a acordar entre o mecenas e o autor

  • Libros do catálogo de Carlos Meixide, que son os seguintes:

ONS, DE CARLOS MEIXIDE: Primeira novela da popular saga dos 'Cinco de Ons'. Aventuras vacacionais adolescentes na popular illa

CANS, DE CARLOS MEIXIDE: Segunda entrega da serie dos 'Cinco de Ons', desta vez unha emocionante aventura no Festival de Cans

GUITIRIZ, DE CARLOS MEIXIDE: A terceira entrega da serie dos 'Cinco de Ons' transcorre no concello de Guitiriz durante a fin de semana do Festival de Pardiñas. Unha aventura 'política' na defensa do colectivo

AROUSA, DE CARLOS MEIXIDE: A cuarta entrega dos 'Cinco de Ons' lévanos á Illa de Arousa nunha trepidante historia no corazón da Ría

INGE E ROBBIE, DE CARLOS MEIXIDE: Unha parella holandesa en crise viaxa a Santiago de Compostela coa esperanza de salvar a súa relación. Conseguirano?

A MEMORIA DOS MEUS PASOS, DE CARLOS MEIXIDE: Un home acode á cidade do Porto na procura dunha amiga desaparecida. Na súa búsqueda, acabará repetindo os seus pasos pola cidade invicta nunha historia que te enganchará ata o final

BESTIARIO DO VESTIARIO, DE MARTIÑO SUÁREZ: 50 historias incribles de deportistas nas marxes da celebridade. Un curioso bestiario de perdedores teimudos que ocupan un lugar de honra na historia non oficial do deporte

BESTIARIO DO VESTIARIO. SEGUNDO TEMPO, DE MARTIÑO SUÁREZ: Novo volume dos relatos que con humor inconfundible e brillantez de estilo nos ofrece unha vez máis o burelao Martiño Suárez.

ESCÁNDALO NO CDG, DE CORINNA MARX: A novela de alta voltaxe sexual que fixo tremer a escena do país. Puro teatro! (A escolla desta recompensa inclúe 2 exemplares da novela)

A que destinaremos as vosas achegas

O obxectivo da campaña é atinxir os 2500€ para cubrir os gastos de:

Impresión de 500 exemplares

Deseño de Pancho Lapeña

Maquetación

Gastos de promoción e envíos

A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio.

Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos presta e do que queredes formar parte coa vosa achega.

Calendario previsto

Esperamos ter o libro dispoñible para cando remate a campaña, de maneira que poidamos enviar inmediatamente as recompensas.

+ Info

Podes seguir a campaña en redes socias:

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Sonia Barreiro Martínez

    Sonia Barreiro Martínez

    4 months

    Altamente recomendable!

#03 / Carlos Santiago ao vivo na Coruña

Meus caros e miñas caras mecenas, a 48 horas do final do crowfounding da Ontoloxía Poética, déixovos como agasallo un video do meu último recital poético na Coruña, dentro do Ciclo Di(n)versos. É unha honra contar co voso apoio. O libro xa está impreso e en breve comunicaremos para vos enviar os exemplares. Moitas grazas e muito obrigado. Se tendes por ben partillar o video e o crowfounding nas vosas redes agradezo.

https://youtu.be/RP0hZTn0dOM

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.