❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

GUIA DEFINITIVA DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DA GALIZA

Unha guía culta e naif para coñecer os anfibios e réptiles da Galiza e combatir a herpetofobia.

Category

0
seconds
280
Pledges
8.415€
From 6.500€
Contribute to the project

Choose your reward

BENVIDA

Benvidas e benvidos á campaña de subscrición popular da Guía Definitiva dos Anfibios e Réptiles da Galiza. Somos Nacho Munilla e Pancho Lapeña e estamos máis que encantados de presentar de novo en Verkami este noso terceiro volume da colección de guías definitivas sobre a biodiversidade da Galiza. Desta volta tocoulle aos anfibios e aos réptiles, os chamados hérpetos, unha palabra grega que quere dicir algo así como "os que van coa barriga a rentes do chan".

O PORQUÉ DESTA GUÍA

Como resultado dunha insidiosa e teimuda campaña de difamación desenvolvida ao longo de séculos, os hérpetos veñen sendo, seguramente, o grupo de seres vivos máis desprezado pola humanidade. Que unhas criaturas tan marabillosas e extraordinarias nas súas feituras e maneiras de vivir (e que tanto ben lle fan ao planeta) sexan vilipendadas e perseguidas é unha inxustiza.

É por mor da terríbel inxustiza que se está a cometer cos hérpetos que a nosa guía é combativa. Quere trascender a súa condición de libro e adquirir unha natureza armamentística (no sentido máis metafórico posible do termo) como ferramenta contra a herpetofobia, ou sexa, contra o desprezo e a difamación dos anfibios e réptiles. Abaixo a herpetofobia!!

Un réptil a reflexionar sobre a súa inxusta situación: porqué a xente nos quererá tan mal?
Un réptil a reflexionar sobre a súa inxusta situación: porqué a xente nos quererá tan mal?

OS CONTIDOS DESTA GUÍA

O feixe de criaturas que aquí presentamos constitúe a meirande parte dos representantes do grupo dos hérpetos que adoitan vivir na Galiza, concretamente tratamos 14 especies de anfibios e 16 especies de réptiles. Ademáis de describir como son e os lugares onde viven, damos conta dalgúns cantares, poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. A cada especie correspóndelle un poema e, como mínimo, un conto. Viva a herpetofilia!!

AS ORIXES DESTA GUÍA

As orixes desta guía son tres:

  • O poema de viaxes Ora Maritima composto no século IV por Rufo Festo Avieno, senador romano.

  • O ensaio Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza de Florentino López-Cuevillas e Fermín Bouza-Brey, publicado nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos en 1929.

  • O manuscrito anónimo Alén da Ofiolatría atopado entre as páxinas dunha Miscelánea publicada pola extinta Caixa de Aforros de Ourense e adicada a Florentino López-Cuevillas no centenario do seu nacemento.

Como é que estes tres ingredientes se deron mesturado para dar pé a unha guía de anfibios e réptiles non é doado de explicar nen sequera para nós.

Algo sobre nós escrito en terceira persoa

Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e mesmo minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros. Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación de todo tipo de criaturas. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a filosofía. Tanto Nacho como Pancho son priscilianistas, republicanos e herpetólatras convencidos.

O destino das vosas achegas

O proxecto consiste na maquetación e edición de 1000 copias dun libro ilustrado de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset reciclado e con cubertas duras de 17 x 24 cm. Os cartos que pedimos vanse invertir logo en tres partidas:

  • Partida 1. Imprenta ou prelo = 5500 euros;
  • Partida 2. Maquetación = 750 euros;
  • Partida 3. Papelería e outros funxibles = 250 euros;

A suma das anteriores partidas debería dar os 6500 euros que marcan o noso obxectivo!!

Calendario previsto

Nestes momentos a edición está practicamente rematada e xa comezaron as labores de maquetación a cargo de Masako Hattori. Contamos con mandar o libro ao prelo a finais de novembro. Despois haberá que contar con 2-3 semanas de imprenta. Se todo vai ben as primeiras mecenas receberán o seu libro persoal, único e intransferible conforme vaia pechando a campaña.

Reparto das recompensas

Enviaremos as recompensas por Correos, os libros en sobres con camisa de burgullas e as láminas en sobres de cartón. Chegaravos unha notificación a casa para que pasedes a recoller a vosa recompensa pola Oficina de Correos.

+ Info

Aqui as ligazóns ás campañas de Verkami da Guía Definitiva das Aves da Galiza e da Guía Definitiva dos Peixes da Galiza

Máis info sobre Nacho aqui
Máis info sobre Pancho aqui

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

14 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Larpeira

    Larpeira

    5 months

    Xa teño as outras dúas e coa boa pinta que ten esta non podía quedar sen ela.

  • Minia

    Minia

    5 months

    Podédesmos adicar para Adrián e Andrea? Noraboa polo proxecto, encantounos o libro das aves.

  • sechusende

    sechusende

    6 months

    Força, companheiros! Obrigado polo vosso trabalhaço!

  • PaulaDL

    PaulaDL

    6 months

    aluap!

  • Azuu

    Azuu

    6 months

    Por casualidade atopei este proxecto, tan fermoso coma orixinal. Moitísimas gazas! Desexando que cheguen!

  • Bretemaches

    Bretemaches

    6 months

    Ohh, acabo de descubrir esto de miragre e estou emocionado por ter unha copia, que fermosura as ilustracións.

  • Carmen Villar

    Carmen Villar

    6 months

    Parabéns pola serie.

  • Carol

    Carol

    6 months

    Marabilla🤪

    https://go.ivoox.com/rf/67081643

  • Fani & Fuco

    Fani & Fuco

    6 months

    Grazas polo proxecto

  • Carol

    Carol

    6 months

    @s peques xa están desexando que chegue esta nova maravilla 🦎🐢🐸 :D

    https://oblogdeprimeiro19-20.blogspot.com/2021/03/poesia-e-primavera-2021.html

#06 / RECOMPENSAS EN CAMIÑOOOOO

Onte deixamos en Correos un considerable cargamento de sobres gordos contendo libros. Se o voso aínda non chegou estará a piques-piques de chegar.

Se aínda non vos chegou a lámina non vos preocupedes: van por separado e saíron hoxe á tardiña.

Apertas agarimosas

Nacho e Pancho

#05 / RECOMPENSAS A PIQUES DE CHEGAR

O empaquetado dos libros avanza a grandes pasos. Usamos sobres de burgullas autocolantes mais escribimos os enderezos a man. Contade con que a semana que entra comezarán a chegar os avisos de Correos para que vaiades recoller os vosos libros.

Mil grazas de novo!

Nacho e Pancho

Aqui un exemplar rescatado dunha arqueta. Se non sabedes de que especie se trata non vos preocupedes: a súa identificación será doadísima coa axuda da guía.
Aqui un exemplar rescatado dunha arqueta. Se non sabedes de que especie se trata non vos preocupedes: a súa identificación será doadísima coa axuda da guía.

#04 / CONTRATEMPO NA FABRICACIÓN DOS LIBROS

AVISO
AVISO

Benqueridas e benqueridos mecenas,

Fomos informados onte de que a encadernadora suspende a súa actividade temporalmente por causa da COVID. O luns pasado detectaron un caso e despois de feitas as correspondentes análises resulta que tiñan a máis da metade do persoal infectado.

O caso é que aínda non sabemos cando nos servirán o libro. Por favor desculpade este contratempo.

Moitas forciñas para toda esa xente da encadernadora.

Nacho e Pancho

A rela-do-natal está triste mais esperanzada!!

#03 / HÉRPETOS ENCADERNADOS

Bo día! Nada máis comunicarvos que a xente de Agencia Gráfica comunicounos que o libro está xa na fase de encadernación o cal implica que daqui a pouco debería estar listo, circunstancia que nos pon algo nerviosos pois é normal poñerse algo nervioso nesta fase tan avanzada do proceso de creación dun libro. Moitísimas grazas de novo pola vosa axuda!!

Nacho & Pancho

#02 / OBXECTIVO ACADADO E PARABÉNS INTERESTELARES

Chegamos ao 100% do noso obxectivo!!. Moitísimas grazas de corazón polas vosas contribucións. O manuscrito xa está a ser procesado na imprenta. Iremos informando dos seus seguintes pasos.

Aproveitamos a ocasión para partillar convosco este cartón de parabéns que nos chegou dalgún lugar indeterminado "lá fora".

Abaixo a herpetofobia!!
Abaixo a herpetofobia!!

#01 / XA CHEGAMOS AO 75%!!

Ó gente. Obrigadísimos estamos. Dez días de campaña e xa chegamos ao 75% do noso obxectivo. Se todo vai ben contamos con levar o manuscrito ao prelo a finais desta semana. Permitídenos que aproveitemos esta mensaxe para mostrarvos a versión incunable da guía que atopou Pancho cando estaba a remexer no caixón dos ancestros.

Abrazos!!

O incunable dos avós dos avós dos nosos avós
O incunable dos avós dos avós dos nosos avós

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.