❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Axúdanos a poñerlle música ao rural!! “MÚSICA N´ALDEA 2M22”

"MÚSICA N´ALDEA" e un festival acolledor, íntimo e nómada, que naceu pra disfrutar da música en escenarios naturais das aldeas de Rois.

Category

Created in

0
seconds
60
Pledges
2.505€
From 2.400€
Contribute to the project

Choose your reward

QUEN SOMOS

Somos un festival acolledor, íntimo e nómada que se celebra o 23 de Xullo nas aldeas de Rois. É nómada xa que cada ano é unha aldea da parroquia o escenario do evento. Queremos que a música, tradicional ou non, volte a soar de novo nas aldeas, e que sexa éla, a música, a que descubra novos espazos pra o público.

Do engranaxe, e de que todo luza bonito, encargase a Asociación Cultural "Estoribor"

O NACEMENTO

"Música N´aldea" naceu nun ano no que non era fácil nacer: o 2020. Era o primeiro verán respirando a través dunha máscara, véndonos ao lonxe e acostumándonos ás cancelacións de todos os eventos. Neste contexto de restricións e de aprender a vivir no medio dunha pandemia botou a andar Música N’aldea, para que a veciñanza de Rois non quedase sen as festas patronais. Xa que a xente non podía ir á festa, se cadra a festa si que podía achegarse a ela.

Caamaño-Ameixeiras na aldea de Formarís
Caamaño-Ameixeiras na aldea de Formarís

Paraiso Canto na aldea de Infesta
Paraiso Canto na aldea de Infesta

O éxito do formato, así como o amor pola vida na aldea e pola música,empurráronnos a dar un paso máis e outorgarlle vida propia a esta historia.Para isto foi necesario desligala das festas patronais e convertilo nun evento cultural con identidade e nome de seu. Desta decisión deriváronse algúns cambios, máis a esencia permanece. Se algo queremos manter e coidar é o carácter íntimo e acolledor das aldeas.

O ESCENARIO

Non é só a música, tamén é onde se escoita. O festival terá un carácter nómada, cada ano a antifrioa será unha aldea da parroquia de Rois. Este formato responde á nosa vontade de poñer en valor as eiras, os quinteiros, os lavadoiros… Todos aqueles espazos que foron testigos e centro da vida que nos precedeu. Recollemos e coidamos do patrimonio que nos deixaron, pero tamén o reinterpretamos e lle damos unha nova vida. Onde antes mallaban o liño ou o torreiro onde festexaban o fin do traballo, serán agora os escenarios da Música N’aldea. Queremos devolverlle o protagonismo que tiveron, aínda que sexa unha vez ao ano, porque seguro que as notas e os bailes aínda rezuman na súa memoria.

Algúns escenarios
Algúns escenarios

O FORMATO

Non concebimos este evento como un festival temático, abrímoslle as cancelas a calquera tipo de música. Tradicional, jazz, rock, blues… Todos os estilos teñen cabida. O noso selo identitario estará nas maridaxes musicais, promovendo colaboracións entre artistas e bandas que nunca antes actuaran xuntas. Como casan as melodías tradicionais coas bases do rap? E a improvisación do jazz coa da regueifa? Así como o espazo -as nosas aldeas- é singular, queremos que a música que soe nelas tamén o sexa. O noso obxectivo é ofrecer concertos únicos e especiais, para que o público se vaia coa sensación de ter desfrutado dun momento que non vai volver acontecer. Nas dúas primeiras edicións contamos con Caamaño&Ameixeiras, tanto pola sincronía do dúo coa filosofía das festas como pola boa acollida que tiveron entre a veciñanza.

No novo camiño que comezamos queremos contar con elas tamén, como sorte de amuleto e como forma de agradecer a aposta que fixeron por nós. Tamén é un xeito de darlle continuidade ao que levamos feito e de amosar o espírito do festival que nace. É por iso que, nesta ocasión, o seu concerto contará cunha colaboración moi especial: RAÜL REFREE

Raül Refree
Raül Refree

O músico e produtor Raül Refree é un dos nomes máis destacados do panorama musical contemporáneo. Os seus traballos con artistas como Silvia Pérez Cruz, Rosalia, Kiko Veneno ou Rodrigo Cuevas, convertérono nun dos produtores con máis renome. A música tradicional estivo presente en moitos dos seus traballos, outorgándolle unha nova dimensión e sonoridade. Recentemente fixo unha estancia en Galicia coa intención de crear un proxecto coa nosa música tradicional.

No Musica N'aldea teremos a oportunidade e a fortuna de ver o primeiro achegamento de Refree ao noso repertorio musical.

Esta confluencia de músicas é a nosa carta de presentación, e marca a nosa intención de contar cada ano con colaboracións novedosas.

A BANDA SONORA DESTA EDICIÓN

De artellar a banda sonora deste 2M22 vanse encargar élas e éles: RAÜL REFREE, CAAMAÑO&AMEIXEIRAS, ZUMAQUE E TRALO VALO. Vai ser un privilexio ter tant@s artistas xuntos, así que non vos despistedes, se non acudides poderánvolo contar, pero so se estades con nos o ides disfrutar.

A túa axuda vai para esto, para ir amosando o rural a través dun itinerario musical e para axudar aos músicos a facer o que tan ben fan, alegrar e dotar as nosas vidas dunha banda sonora.

MOI AGRADECIDOS A TODOS POLA VOSA AXUDA, VÓS SODES O FESTIVAL!!!

RAÜL REFREE

CAAMAÑO&AMEIXEIRAS

ZUMAQUE

TRALO VALO

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

3 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Moitas gracias polo teu apoio Ana!!!

  • Ana Prema

    Ana Prema

    over 1 year

    Q medre a música na aldea. Ana Prema

  • Ana Prema

    Ana Prema

    over 1 year

    Q medre a música na aldea. Ana Prema

#01 / Conseguímolo!

CONSEGUÍMOLOOO!!!

Cando se sumán esforzos as cousas saen, e este é un exemplo. Esta aventura vai botar a andar gracias a vosa xenerosidade, sen este apoio seríanos imposible arrancar as máquinas.

Non ssbemos como evolucionará o festival no tempo nin o percorrido que terá (esperamos que sexa longo), pero vós xa formades parte da súa historia e do seu nacemento.

Moitisimas gracias a todos, vémonos o 23!!!

A Organización

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.