Esta curta documental busca dar voz ás persoas que habitan algunhas das aldeas máis esquecidas de Galicia, e así, deconstruir os prexuizos vencellados ao rural amosando cal é a verdadeira calidade de vida que este ofrece.
Este proxecto constitúe o noso Traballo de Fin de Grao da carreira de Comunicación Audiovisual, pero tamén a oportunidade para propulsalo máis alá do puramente académico.
No profundo nace co propósito de calar no público, nas institucións, de percorrer festivais, para aportar unha visión que, a pesar de parecer nova, soamente estaba esquecida.
Tarde piaches está formado por tres estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.
DIRECCIÓN. Clara Docío
Clara ten ampla experiencia nos diferentes departamentos do audiovisual: como xefa de produción e directora de fotografía no videoclip Inés x David, co-guionista na curta documental Dos Linces Pop a Compostela, asistente de dirección na curta de ficción El Tobogán ou directora no video-ensaio Red Flags para Princesas Disney. Ademáis, formou parte do equipo de Mr. Misto (Cine na rúa) durante todo un verán.
Neste caso, atrévese a dirixir esta curta co propósito de conmover ao público e lograr unha reflexión real nos fogares galegos.
FOTOGRAFÍA. Sara Malvido
Sara é directora de fotografía, sempre o foi. Así o amosa no spot publicitario La Jaima ou no video-ensaio El puto spot. Conta con dous cursos de Dobraxe Audiovisual da USC e participou dous anos seguidos no festival Curtocircuito. Ademáis de formar parte do equipo de Mr. Misto (Cine na rúa) durante todo un verán, é unha das fundadoras da produtora Altura Films.
Coidará ao detalle a fotografía de No profundo, amosando o estilo persoal que a caracteriza.
PRODUCIÓN. Sara Herbón
Sara é a nosa produtora. Participou como co-guionista, operadora de cámara i etalonaxe no videoclip Inés x David, co-guionista na curta documental Dos Linces Pop a Compostela, montadora no video-ensaio Red Flags para Princesas Disney e produtora da curta de ficción El Tobogán. Ademáis, fixo prácticas na produtora Agallas Films durante un verán, na preprodución de dous documentais.
Como directora de produción, toma as riendas de No profundo para sacar o mellor do proxecto e garantir un resultado de calidade que levar a festivais.
Temos a sorte de contar con dous tutores coa experiencia necesaria para asesorarnos neste proxecto.
Enrique Castelló é profesor titular e investigador da Universidade De Santiago de Compostela na facultade de Ciencias da Comunicación. A súa investigación actual está orientada ás narrativas virtuais.
Por outro lado, Damián Varela é realizador e productor fundador de Miramemira, produtora de O que arde (Oliver Laxe, 2019). Tamén é o guionista e director de fotografía do documental La imagen reb/velada.
Contamos con varios niveis acumulativos de recompensas, adaptados á vontade de cada mecenas. Inclúen:
Figuración nos títulos de crédito en agradecementos
Link para o visionado da curta
Wallpapers dixitais
Pegatinas da curta
Póster da curta
Totebag con deseño exclusivo da curta
Sesión de fotos
Polo carácter documental do noso proxecto, non correremos cos grandes gastos propios da ficción e todo o recaudado será investido na curta. A meirande parte dos cartos destinarémolos aos desprazamentos ata as aldeas onde atopamos aos nosos protagonistas.
Alégranos informarvos de que o proxecto xa está moi avanzado, polo que ninguén terá que esperar moito para ver a curta e obter as súas recompensas.
A rodaxe será en abril e o proxecto debe estar entregado a mediados de maio. A partir dese momento, comeza a tempada de festivais para nós, e intentaremos levar No profundo a tódolos que esté na nosa man.
Non nos esquecemos de que este é un proxecto de todos os que decidan formar parte del. Por iso, prevemos poder entregarvos tódalas recompensas entre os meses de xuño e xullo.
Podedes estar ao día do avance de No profundo nas nosas redes sociais. Alí poderedes coñecer máis en profundidade todos os detalles do proxecto e ao equipo de Tarde piaches.
Instagram: @curtanoprofundo
Facebook: No profundo
Moitísimas grazas!
Grazas por axudarnos a amosar a realidade do rural galego, por reflexionar con nós e, sobre todo, cos verdadeiros protagonistas, aos que, por primeira vez, cedemos a palabra.
As fotografías desta páxina son fotogramas extraídos directamente da curtametraxe.
2 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Ismael Verde Costas
Mi más profundo agradecimiento
17godbeats
<3