❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

A ollada dos Cal. 100 anos de fotografía

Edición dun libro que recolle o patrimonio fotográfico de tres xeracións. Incluindo textos biográficos de cada autor.

Category

Created in

0
seconds
186
Pledges
7.146€
From 7.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

A Ollada dos Cal

100 años de Fotografía

Edición dun libro que recolle o patrimonio fotográfico de tres xeracións. Incluindo textos biográficos de cada autor.

De que se trata

O obxectivo deste proxecto é difundir o patrimonio fotográfico de 3 xeracións de fotógrafos da familia Cal. Tres xeracións de fotógrafos formaron un arquivo que permite aos visitantes percorrer a historia local e galega. Dende os primeiros traballos de Saturno Cal, a principios do século XX, pasando pola obra de Avelino Cal, a mediados do século XX, ata a última etapa na que se desenvolveu a terceira xeración con Mundo e Felix Cal baixo a marca comercial Cal-3. Na imaxe adxunta podedes ver como vai quedar a maqueta do libro.

Campaña verkami

A campaña terá como obxectivo a edición do libro que recolla o patrimonio fotográfico destas tres xeracións. A publicación incluirá textos introdutorios sobre as súas vidas e traballos fotográficos.

Será unha edición coidada, editada en papel de calidade co fin de ofrecer unha publicación que sirva de homenaxe a esta familia de fotógrafos.

As recompensas

As recompensas son os pedidos que fagades, teñen nome de barrios de Redondela e terán o prezo indicado en cada caso. Según o interese de cada persoa pode mercar un ou máis exemplares do libro. Tamén pódemos incluir unha copia fotográfica en tamaño 18x24. O nome de cada mecenas aparecera nos agradecementos da publicación, si está de acordo.

Orzamento

O orzamento total do proxecto é de 15.000 euros. O proxecto vai contar cunha axuda do concello de Redondela, que sufragará os gastos de produción e edición de contidos. O diñeiro da campaña de financiamento destinarase a cubrir os gastos de impresión da tiraxe de 1.000 exemplares.

Prazos

A elaboración dos contidos do libro está moi avanzada, polo que se se alcanza o obxectivo da campaña, a produción podería ter lugar a principios de novembro. O envío aos simpatizantes realizaríase nas semanas seguintes.

Quen somos

Cal3Fotografía é hoxe unha cooperativa de traballo asociado con estudio de fotografía e tenda física no centro de Redondela. Con máis de 40 anos de experiencia. Xa con motivo do 25 aniversario fixemos unha publicación centrada neses 25 anos. Nestes anos organizamos múltiples exposicións. Neste proxecto estan a traballar Mundo Cal, Félix Cal como autores e na campaña Quino Vilas.

Esta será a nosa primeira experiencia en campaña de crowdfunding.

Traballo en equipo

Na elaboración do libro contamos coa colaboración de Trespés, entidade que realizou en 2015 un documental financiado mediante campaña VERKAMI. Alberte Román será o coordenador da publicación. A maquetación e deseño do libro vai a cargo de Elena Muiños Viradela

Podedes seguirnos nas nosas redes sociais:
Facebook
Instagran

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Pepe Dominguez Gonzalez

    Pepe Dominguez Gonzalez

    about 1 months

    Recogeré la obra en la tienda

  • Xoán Pastoriza Novas

    Xoán Pastoriza Novas

    about 2 months

    Parabéns pola iniciativa e vento nas velas para levala a bo termo!

  • Lourdes González

    Lourdes González

    2 months

    EU xa son mecenas, tamén. Deseosa de poder ollar o libro

  • terebalado

    terebalado

    2 months

    Eu xa son mecenas!!! E ti??

#11 / Pechando formularios

Bo día!

Hoxe recollemos os datos que nos facilitastes. Quedaron algunhas persoas sen cubrir o formulario, aínda poderan facelo ata o día 3 de decembro. Pero os nomes nos agradecementos xa temos que pechalos co listado recollido hoxe. Moitas grazas

#09 / OBXECTIVO LOGRADO !!

Bo día!! Queridas e queridos mecenas deste proxecto, anunciamos con moita alegría que o obxectivo da campaña foi acadado grazas a vós!

Que temos moita ilusión e xa estamos revisando as probas finais e falando coa imprenta, escollendo o papel e confirmando os orzamentos.

Agardamos poder entregar os primeiros exemplares antes de fin de ano.

Con vós poñerémonos en contacto para confirmar os enderezos de envío e o nome co que queredes aparecer, recibiredes un correo co formulario.

Moitísimas grazas!!

#06 / Costa abaixo tódolos santos axudan

Estamos xa no descenso final da campaña. 63% do financiamento conseguido. 14 días para alcanzar o obxectivo marcado. Precisamos o empurre final, queres botar unha man?

Se ainda non fixeste a reserva, mais está entre as túas tarefas pendentes, non deixes para mañán o que podas facer hoxe :-))

Se xa es mecenas, convidámoste a que:

Compartas nas túas redes sociais a páxina en Verkami, e animando á xente a reservar un exemplar do libro.

Envia unha mensaxe directa a esa persoa próxima a quen unha publicación así vai entusiasmar e que pode que aínda non coñeza o proxecto.

#05 / Xa reservache o teu exemplar?

Xa reservache o teu exemplar “A ollada dos Cal”?. Bótanos unha man difundindo o proxecto, aqui tes o enlace para partillar: https://vkm.is/aolladadoscal
Se tes dúbidas ou ainda non decidiche facer a reserva esta finde tes a oportunidade. Estamos achegándonos ao ecuador da campaña e precisamos dar pulo a esta publicación que será de moito interese. Grazas!!

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.