❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Da túa man para a miña

Película documental sobre la descomposición de la comunidad en rural gallego

Fran Rodríguez Casal

A project of

Category

Created in

0
seconds
105
Pledges
7.010€
From 7.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Da túa man para miña é unha longametraxe documental sobre a descomposición da comunidade no mundo rural. O co-director Fran Rodríguez Casal atopou video arquivo de hai 30 e 40 anos na súa aldea, Traspielas. Agora, xunto con Coral Piñeiro volven a visitar os mesmos lugares e as mesmas personas para reflexionar sobre o paso do tempo e a memoria colectiva.

Montaña Traspielas
Montaña Traspielas

Este proxecto nace despois de recibir unha bolsa para a produción dunha exposición na Zona C en Santiago de Compostela. Esa Exposición estaba formada por foto actual de paisaxe e persoas da parroquía de Traspielas, material de arquivo (fotos, documentos legais, postais, cartas…) de hai máis de 100 anos ata os anos 70 e video arquivo de varios actos comunais gravados nos anos 80 e 90.

Logo a directora Coral Piñeiro súmase ao proxecto e a produtora Miramemira decide apostar por nós e apoiarnos para pedir unha Agadic de talento que nos concederon no ano 2022.

Tendo a financiación necesaria para o rodaxe, agora necesitamos axuda para conseguir financiación para o proceso de post-produción e distribución.

Diolindo
Diolindo

A HISTORIA

No video arquivo atopado recóllense diferentes actos comunais na aldea onde participaban case todas as persoas. Algúns deses actos eran de festas como o último serán ou a festa do 25 de agosto onde toda a aldea come no adro da igrexa. Outros, son de protesta, como cando a aldea, encabezada polas señoras maiores, loitaron contra os donos dos cabalos que baixaban a comer as súas hortas. Secuestraron os cabalos e pediron un rescate por eles para pagar os desperfectos. Incluso a guardia civil non pode coa forza do unión da aldea.

Hoxe en día a realidade é moi distinta. Segue habendo comunidade e segue habendo seráns, festas ou protestas colectivas, mais algo cambiou. As persoas maiores pasan moito tempo soas na casa, e as novas fan o que poden tendo que emigrar a outros lados para poder atopar traballo.

Queremos comparar ambos tempos para poder reflexionar sobre aquilo que está cambiando, denunciar as carencias e por en valor o que resiste, ou mudou, pero en favor da comunidade.

Fotogramas dos videos arquivo
Fotogramas dos videos arquivo

QUEN SOMOS

Somos un rapaz e unha rapaz novos que estamos dando os noso primeiros pasos no mundo do cine.

Fran Rodríguez Casal é un artista visual e cineasta que desenvolve proxectos de longo recorrido ligados a comunidade e a interacción do ser humano co seu entorno. Membro da asociación Memoria e Cinema.

Coral Piñeiro é unha cineasta e animadora que ten realizado dúas curtametraxes premiadas e con recorrido, Dores (2020), e Na pel da memoria (2022). Entre outros proxectos forma parte da asociación Memoria e Cinema.

Directorxs
Directorxs

OS ACTORES E ACTRICES

Esta é unha película documental protagonizando por toda unha aldea, na que os seus habitantes están representándose así mesmos.

Personaxes
Personaxes

LOCALIZACIÓNS

Todas as localizacións serán na zona de Traspielas, recollendo a beleza do entorno privilexiado no que está situada a aldea. Por un lado, as fragas que baixan ata o río Barragán, onde hai unha ruta que pouco lle envidia as Fragas do Eume, con fervenzas, muiños antigos, chozos, pontes do s. XIII...

Por outro lado, as montañas que inician a Serra do Suído. Un sistema montañoso no que se atopan rutas preciosas nas que se poden disfrutar dunha natureza moi pouco intervida e con vistas a ría, a serra do Peneda Geres ou incluso a Curota en Ribeira. Ademais de todo o patrimonio cultural que atopamos nelas, como o doble foxos dos lobos, unha neveira do S. XIII ou unha cidade de chozos nas costas do Alén que está sendo excavada polo CSIC.

Localizacións
Localizacións

EQUIPO TÉCNICO

Directorxs: Fran Rodríguez e Coral Piñeiro

Guión: Fran Rodríguez e Coral Piñeiro

Voz off: Su Garrido Pombo

Empresa Productora: Miramemira

Produtora executiva: Belen G. Ojea

Directora de Produción: Bea Villar

Auxiliar de Produción: Clara Maseda

Director de Fotografía: Fran Rodríguez Casal

Son Directo: Coral Piñeiro

Dirección de Arte: Clara Miñán

Auxiliar arte: Sara Ríos

Montaxe: Fran Rodríguez

Música Orixinal: Su Garrido Pombo

PostProdución de Son: Cinemar

PostProdución de imaxe: Laboratorio Numax

Equipo e fotos de rodaxe
Equipo e fotos de rodaxe

PLAN DE PRODUCIÓN

Calendario da película
Calendario da película

AS RECOMPENSAS

Coas recompensas queremos achegar un anaquiño de Traspielas e do proxecto que estamos a facer a aquelas personas que nos axuden.

Os fancines, as fotos, as postais etc. que se dan como recompensa van a estar todos deseñados por Coral Piñeiro e contarán coas fotos de Fran Rodríguez que xa foron expostas en cidades como Porto, Braga ou Santiago de Compostela e que son todas realizadas na aldea ao longo dos últimos 5 anos, tanto da xente como da paisaxe.

No cancioneiro contaremos co apoio da artísta e música Su Garrido Pombo. Podes escoitar o seu traballo en Bandcamp.

Su Garrido Pombo
Su Garrido Pombo

Recompensas
Recompensas

MÁIS INFO

Segue o proxecto en Instagram
INSTAGRAM

Webs do equipo

WEB FRAN (Aquí podedes fotos do proxecto Da túa man para a miña.)
WEB CORAL
MIRAMEMIRA

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

10 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Diego Sancho

    Diego Sancho

    3 months

    Moita sorte!

  • Pilar casal

    Pilar casal

    3 months

    Disfrutade moito de todo o proceso porque o resultado vai ser increíble!!! Q ganiñas de ver o resultado!! 🥰🥰

  • Xulia Alonso

    Xulia Alonso

    4 months

    Veña q xa queda menos, ánimoo!!! Desexando ver o resultado final 💪🏼🍀✌🏼

  • Yassssss

    Yassssss

    4 months

    Que ganas de velo ♥️

  • Aldara Palmeiro Pazos

    Aldara Palmeiro Pazos

    4 months

    Ánimo rapaces 💘💘💘💘

  • Marko Otero

    Marko Otero

    4 months

    Moitas ganas de que ver este proxecto, moito ánimo na recta final.

  • Gaspar Broullón

    Gaspar Broullón

    4 months

    Moita forza!!!

  • AlbaAdan

    AlbaAdan

    4 months

    Oxalá consigades todo o que vos propoñades na vida! Un biquiño. Manu e Alba ❤️

  • María del Carmen Gonzalez Vazquez

    María del Carmen Gonzalez Vazquez

    4 months

    Muchos éxitos 😍

  • mariaglzfigueroa

    mariaglzfigueroa

    4 months

    O mellor proxecto de todos💙

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.