Cara col cara de col será o segundo título da colección Obxectivo Alambique e a terceira publicación de Baia Fernández.
Un álbum ilustrado no que, a través dunha historia divertida e unhas ilustracións entrañables e coloridas, se pon de manifesto como o poder da aceptación e a autovaloración nos permiten establecer relacións máis sans ademais de activar todo o noso potencial.
Un libro no que están moi presentes a atención á dislexia, os estímulos visuais e tamén o achegamento ao noso idioma podendo contar con un audio libro en galego e castelán.
Axudar a favorecer a aprendizaxe é un dos meus propósitos por iso, nesta ocasión eleximos unha tipografía especialmente deseñada para favorecer a lectura a persoas con dislexia que estará presente en toda a narración. Os diálogos levarán outra tipografía porque o mundo non está feito para nós, os disléxicos, así que propóñoche que nos adestremos con este conto: esforzámonos un chisco nos diálogos e descansamos na narración, que che parece?
O noso querido maquetador, Martinho Picallo tivo a xenial idea de poñer cada diálogo coa cor do becho que fala polo que será moi fácil seguir a historia.
Se tes dificultades visuais mais queres coñecer a historia teño unha boa nova! Podes elexir unha das recompensas: XOANIÑA VOADORIÑA, MIÑOCA MAZAROCA OU ESTRALOQUE que traen consigo un audio-libro para que non te perdas nada do que acontece nesta entrañable aventura. O audiolibro irá en versión galego e castelán.
SOBRE AS AUTORAS
Baia:
Escribo contos onde prima a atención ao emocional e o amor pola lingua e a natureza. Tamén me gusta perderme e atoparme nos versos, a poesía é un recurso para expresarme dende o máis íntimo. Combino esta paixón con outras, como acompañar a persoas no proceso de autocoñecemento como adestradora emocional e facilitadora do Sistema Ludocorporal. Deseño a caracterización de personaxes de teatro e son creadora de contido. Como podes ver a creatividade está moi presente na miña vida e o meu obxectivo é poñela ao servizo dos demais, especialmente das crianzas con dificultades para a lectura coas que me sinto moi identificada. Compartir o que me fai medrar dálle sentido ao meu paso por aquí.
Tania Solla:
O meu amor polo debuxo comezou dende nena ollando os clásicos de Disney. Adoraba plasmar aos protagonistas das miñas películas favoritas sobre o papel. Logo de varios anos indo a clases de debuxo académico, experimentar con varias técnicas e soportes cursei estudos de ilustración. Sentíao coma unha vía para aprender e desenvolver unha linguaxe propia ademais de desenvolver a miña imaxinación, logo de tantos anos tratando de "copiar" a realidade que nos envolve.
Non creo ter un estilo propio, ao igual que na música e a moda, teño gustos moi eclécticos e varían en función do meu estado de ánimo. Gústame adaptar o meu estilo ao que me transmita cada proxecto. Poderíase dicir que, para min a ilustración non é so un traballo, como respoder a un encargo, senón que é un xeito de vida, un modo de expresarme co que hai en cada momento, un lugar onde me sinto realmente libre.
ACTUALIZACIÓN:
- Sorteo: Vaise a sortear unha camiseta aequilibrium diseñada polo artista Xandre Fernández de la Torre entre as 200 primeiras achegas a campaña. Entrarán no sorteo dende a primeira achega que se fixo o Venres 26/05 ata a achega número 200, así que si xa fixeches a túa aportación, tranquila, xa está dentro do sorteo...
Muita sorte a todas!!!!
Nova actualización:
Estou moi contenta coa nova que vos traio!
É algo moi especial para os 200 primeiros mecenas, e dicir, tamén para todos os que xa fixestes a vosa aportación.
Grazas a unha doazón particular de dúas persoas especialistas en sementes conseguín cumplir unha ilusión: que o conto de "Caracol, cara de col" veña acompañado de un sobre de sementes atraentes de insectos tanto polinizadores como combatentes de pragas que favorecen o cultivo ecolóxico.
Que importante é fomentar hortas saas!
Grazas Xandre e Susanna!
É un regalazo para os nosos mecenas!
So para as 200 primeiras aportacións. Dálle, que aínda estás a tempo!!!!
Nova actualización:
Estou moi contenta de anunciar que vamos a repartir sementes entre os primeiros 250 mecenas e que vaise a sortear unha segunda camiseta entre os 250 primeiros mecenas, así que os primeiros 200 terán o dobre de oportunidades de facerse coa camiseta Aequilibrium deseñada polo artista Xandre Fernández de la Torre!
ACERCA DE COMO XESTIONAREMOS VOSAS APORTACIÓNS
As aportacións irán principalmente destinadas á maquetación e impresión do libro, así como aos gastos de ilustración, xestión, estudo de gravación e edición do audiolibro, sen esquecernos do empaquetado e a xestión dos envíos. Por suposto, tamén haberá parte destinada a pagar impostos e demais trámites legais.
Quero axudar a dignificar o traballo das artistas por iso tódalas persoas que participan neste proxecto deben cobrar polo seu tempo e a súa arte. Pídoche que me axudes a logralo!
Especificacións técnicas do libro:
• Número de páxinas:32
• Idiomas: galego
• Tamaño: 225x225mm*
• Papel interior: Cyclus Print estucada mate
• Cubierta: encadernación en tapa dura • Tintas:4x4 (cuatricomía) • Edición certificada FSC (impreso sobre papel fabricado a partir de madeira procedente de bosques e plantacións sostibles) ou FSC Recycled con certificado brancura natural
• Técnica de impresión offset
• Encadernación: Cosida con fío vexetal.
• Impreso localmente en Galicia
CALENDARIO PREVISTO
Do 26 de maio ao 4 de xullo de 2023: campaña de micromecenazgo (40 días de duración)
Dende o 4 de xullo de 2023:
- Impresión da primeira tirada do libro.
- Producción das recompensas.
Dende o momento que o libro esté listo, procederemos ao envío dos distintos packs aos mecenas. Estimamos que os libros serán entregados ó longo do mes de agosto de 2023.
OBXECTIVOS ADICIONAIS:
7000€ Ambientamos musicalmente o audio libro.
8000€ Portada do libro con tacto diferente.
37 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
AnaPepunto
Moi fan das coristanco’s poteitos 😉
Baia
Author
Aiiiiiiii... Grazas a tod@s polos vosos comentarios e aportacións! Déstesme moito ánimo estes días! Apertas fondas!
Baia
Author
Hola, SoWhat, efectivamente el texto está solamente en galego. Si eliges la recompensa del audio-cuento tendrás las versiones de audio en galego y castellano. En la locución se indica cuando debes cambiar de página por lo que te será muy fácil seguir la historia y entender lo que lees. Si tienes alguna duda más, aquí estoy para resolverla. Un saludo y gracias por ser mecenas!
SoWhat
tengo una duda, ¿ el texto del cuento está solamente en Gallego ?
Natalia Cordero
Conseguido!!!!!!!!!!! ❤️❤️❤️❤️
MONTSE
Moita sorte Baia, un agasallo para o meu sobriño Tiago
Rosiña Herbon
Sorte, Baia, non foi sen tempo o meu ( perdón)
anxos piñeiro
Veña que xa case estamos!!
Ann
Parabéns por este proyecto!
Belén Núñez Rodríguez
Confío en que os soños se poden facer realidade! Moita sorteo Baia! Aperta grande.