❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados.

É un proxecto editorial e didáctico, enfocado a un público infantil, que trata de achegar o marabilloso mundo da animación aos nenos e ás nenas mediante unha historia divertida e de suspense. Os estudios Tex son o escenario onde transcorren as aventuras dos protagonistas deste libro.

Abraham Carreiro

A project of

Created in

0
seconds
36
Pledges
1.452€
From 1.445€
Contribute to the project

Choose your reward

OS ESTUDIOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS

Xarope de lambetadas, bolas de sésamo, un anaco da capa de Superman, un guecho de pelo de Pitufiña e o máis importante: cerebro de neno ou de nena.

Estes son os ingredientes que compoñen a fórmula secreta da imaxinación. Unha beberaxe fundamental para poder facer as mellores películas de debuxos.

Un premio nunha bolsa de patacas somerxe a Nuno e Marabilla nunha trepidante e misteriosa viaxe polo descoñecido universo dos debuxos animados. Os dous protagonistas coñecerán personaxes extraordinarios como o monstruoso Golo, a supernena troglodita Lume, o invisible Radón ou o malvado Escornabois.

Nuno ten oito anos e pasa as tardes vendo películas de debuxos na tele. Ten o cuarto cheo de bonecos e as paredes ateigadas de pósters dos seus personaxes preferidos. Encántalle xogar a facer de superheroe. Moitas veces disfrázase de Batman e viste de Robin o seu can. É a súa mascota. Un sabuxo cheirón. Chámase Marabilla. Acompáñao a todos os sitios. A Marabilla tamén lle gusta ver a tele, pero goza máis rillando nun óso de diplodoco xigante que lle regalaron no museo de historia natural da vila.

A historia consta de oito capítulos. Entre cada un haberá unha páxina de descanso, chamada Intermedio. Cada unha destas páxinas levará un xogo diferente, relacionado coa animación e cos personaxes dos Estudios Tex.

As presentacións do libro polas diferentes bibliotecas e librarías de Galicia, convertiránse nun obradoiro de animación, onde @s cativ@s aprenderán a facer unha pequena película de debuxos.

Os Estudios Tex terán unha páxina web na que se colgarán todas as animacións feitas pol@s diferentes nen@s. Ademáis tamén haberá información dos personaxes, descargas...

CARACTERÍSTICAS DO LIBRO

O libro constará de 64 páxinas a toda cor, onde o texto se misturará con ilustracións e viñetas de cómic. Papel ofset de 130gr.

Portada rústica 250gr 4/0 tintas. Plastificado mate.

As medidas:

14,8 de ancho X 20,8 de alto.

SOBRE O AUTOR

Nacín en Vigo en 1981 e o meu traballo é debuxar e contar historias.

Levo dez anos traballando neste mundo e por primeira vez vou probar a experiencia da autoedición.

Entre outras cousas, publiquei a serie xuvenil Xoeliki as aventuras dun ciberpirata premiado na IX edición do premio literario Frei Martín Sarmiento na categoría de 12 anos (feita xunto con Maties Segura); a colección Contos que len outros nenos do mundo; A fortuna de Bartolomeu; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos; e a historia de cómic Juppy que Vicio seleccionada no salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.

O conto infantil As espiñas do porco espiño, da colección Contos que len outros nenos do mundo, foi premiado pol@s nen@s na VIII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.

O meu blogue:
Abraham Carreiro

A QUE SERÁN DESTINADAS AS VOSAS APORTACIÓNS

As aportacións que fagades, destinaranse exclusivamente á edición e promoción do libro.

CALENDARIO

O proxecto está bastante avanzado. A primeiros de outubro o libro estará impreso e listo para a distribución. Polo que entre o 15 e o 30 de outubro do 2013 recibiredes as vosas recompensas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • josep

    josep

    over 7 years

    Hola buenos días

    Nuestra propuesta de colaboración consiste en imprimir su libro en nuestra empresa de artes gráficas INOM,S.A., con un importante descuento sobre presupuesto.

    Nuestro mail es: josep@inomsa.com, 610403672

    grácias

  • Carta Gráfica

    Carta Gráfica

    over 7 years

    Soy Juan José Franco de Carta Gráfica, dedicada a la impresion de libros. Nos ofrecemos para poder cotizarle su proyecto sin ningún compromiso. Cuidamos mucho la calidad y ntros precios son muy competitivos. Un saludo

    www.imprentacartagrafica.com

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.