❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Masterización e edición do álbum "As raíces da revolta", de BORDERLINE79

Somos BORDERLINE79, grupo de metal alternativo da Arousa (GZ). Acabamos de mergullarnos na aventura do crowdfounding para poder facer real a ilusión de editar o noso primeiro disco.

BORDERLINE79

A project of

Category

Created in

0
seconds
52
Pledges
1.200€
From 1.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Somos BORDERLINE79, grupo de metal alternativo da Arousa (GZ). Acabamos de mergullarnos na aventura do crowdfounding para poder facer real a ilusión de editar o noso primeiro disco.

Xa levamos un ano interpretando en directo moitos dos temas que integrarán este primeiro álbum que se titulará “As raíces da revolta”. Para que agora os poidades escoitar na vosa casa precisamos da vosa axuda.

POR QUE "AS RAÍCES DA REVOLTA"?

Para nós, "As raíces da revolta" é un punto de partida dende o que queremos mostrar a evolución do grupo desde que se formou até o presente, intentando dar a entender cal será a nosa liña continuadora nun futuro. As letras deste álbum tratan de amosar, dalgunha maneira, as raíces da situación de malestar social que estamos a vivir, na que vemos que se está a xestar un cambio importante entre o pobo. Música e letra combínanse nunha evolución paralela en forma de manifesto no que queremos facer presente a necesidade de que a xente se erga e loite. De aí o título dun disco que sempre se deberá ver en perspectiva de futuro.

QUEN SOMOS?

BORDERLINE79 é Artur Silveiro, Joel Oubinha, Jose González, Antón Blanco e Borja Torrado.

PARA QUE PRECISAMOS OS CARTOS?

Os cartos deste proxecto valerannos para poder seguir adiante coa masterización do álbum nos estudos Pousada Son de Iago Pico (nos que se gravou a Ruxe-Ruxe, Deseqilibrio Mental, Machina, Cobus...), o mesmo lugar onde xa foi gravado. Tamén precisamos os 1.000€ para facer unha edición física en formato CD e poder promocionar o LP por diversos espazos web e salas de concertos na extensión do territorio galego.

CALENDARIO

Se todo saír ben, farase a presentación do LP no mes de abril cun concerto especial en Santiago de Compostela no que tamén se entregarán as recompensas.

CONTACTO

Facebook
Twitter

Correo electrónico: borderline_79@hotmail.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.