❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Loiros

Loiros

Vigo

A banda nace en 2016 en Vigo, onde Héctor Agulla e Virxilio da Silva comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións intentan conciliar rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis. Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth e o francés Wilfried Wilde, o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros, un grupo de rock alternativo con influencias jazz e prog. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, e fan de cada concerto unha experiencia única.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.